domingo, 10 de enero de 2010

GIL DE BIEDMA


A súa aportación literaria foi escasa: en verso deixounos, aparte algúns poemas soltos publicados en revistas, “Compañeros de viaje” (1959), “Moralidades” (1966) e “Poemas póstumos” (1968), entre medias un libro de temática amorosa “A favor de Venus” (1965); e en prosa un libro de memorias “Diario de un artista seriamente enfermo” (1974), e “El pie de la letra” (1982), unha colección de ensaios e artigos.
Pese a tan escasa producción
Jaime Gil de Biedma está considerado como unha das voces mais representativas da xeración poética dos 50, chamada a dos poetas sociais.
E a súa unha poesía social, de denuncia, de rebeldía (no fondo despreza a clase burguesa da que forma parte), de crítica o réxime franquista e o capitalismo. Usa unha linguaxe directa, crúa, moitas veces coloquial porque pensaba que “el lenguaje de un buen poema no debe necesariamente diferir del de una buena prosa” e recoñeceu que algúns dos seus mellores poemas escribiunos o amparo do alcohol, o que sempre me pareceu digno de eloxio.
O existencialismo lévao o pesimismo e o desencanto. Morreu fai 20 anos, o 8 de xaneiro dos 90, aínda que xa deixara a poesía desde principios dos setenta, quizais porque como el mesmo escribiu
“yo creía que quería ser poeta, pero en el fondo quería ser poema”.
Por certo, acaba de chegar as carteleiras unha película baseada na súa vida: “El cónsul de Sodoma”, con Jordí Molla no papel protagonista. Haberá que vela.
Aquí vos quedan dous poemas seus e outro mais musicado por
Loquillo, pero animo a quen queira a que se achegue mais polo miúdo a súa obra. Vale a pena.


DE VITA BEATA
En un viejo país ineficiente,
algo así como España entre dos guerras
civiles, en un pueblo junto al mar,
poseer una casa y poca hacienda
y memoria ninguna .No leer,
no sufrir, no escribir, no pagar cuentas,
y vivir como un noble arruinado
entre las ruinas de mi inteligencia.



CONTRA JAIME GIL DE BIEDMA
De qué sirve, quisiera yo saber, cambiar de piso,
dejar atrás un sótano más negro
que mi reputación –y ya es decir-,
poner visillos blancos
y tomar criada,
renunciar a la vida de bohemio,
si vienes luego tu, pelmazo,
embarazoso huésped, memo vestido con mis trajes,
zángano de colmena, inútil, cacaseno,
con tus manos lavadas,
a comer en mi plato y a ensuciar la casa?
Te acompañan las barras de los bares
últimos de la noche, los chulos, las floristas,
las calles muertas de la madrugada
y los ascensores de luz amarilla
cuando llegas, borracho,
y te paras a verte en el espejo
la cara destruida,
con ojos todavía violentos
que no quieres cerrar. Y si te increpo,
te ríes, me recuerdas el pasado
y dices que envejezco.
Podría recordarte que ya no tienes gracia.
Que tu estilo casual y que tu desenfado
resultan truculentos
cuando se tienen más de treinta años,
y que tu encantadora
sonrisa de muchacho soñoliento
-seguro de gustar- es un resto penoso,
un intento patético.
Mientras que tú me miras con tus ojos
de verdadero huérfano, y me lloras
y me prometes ya no hacerlo
Si no fueses tan puta!
Y si no supiese, hace ya tiempo
que tu eres débil cuando me enfurezco…
De tus regresos guardo una impresión confusa
de pánico, de pena y descontento,
y la desesperanza
y la impaciencia y el resentimiento
de volver a sufrir, otra vez más,
la humillación imperdonable
de la excesiva intimidad.
A duras penas te llevaré a la cama
como quien va al infierno
para dormir contigo.
Muriendo a cada paso de impotencia,
tropezando con muebles
a tientas, cruzaremos el piso
torpemente abrazados, vacilando
de alcohol y de sollozos reprimidos.
Oh, innoble servidumbre de amar a seres humanos,
y la más innoble
que es amarse a sí mismo!

13 comentarios:

Maribel-bel dijo...

A destacar o seu parentesco con Esperanza Aguirre, a que sen duda lle deixou uns versos escritos.
"Pero también, la vida nos sujeta, porque precisamente no es como la esperábamos".Gustoume moito esta entrada con ámbolos dous poemas. Bicos

fonsilleda dijo...

Grazas por recordarnos o que non debiamos esquecer.
O primeiro poema encantoume, pero o segundo retórceche por dentro, déixache patidifusa e admirada.
Biquiños.

ekis1331 dijo...

Esa exaltación da "in-nobilidade" de todo por riba de todo é a súa marca, e mola.
A Loquillo aborrezoo bastante.

Chousa da Alcandra dijo...

Se o alcohol lle axudou a facer bós poemas, e ademáis o recoñece, xa ten moito mérito.
Coñezo pouco da súa obra, pero un día destes collerei un etiqueta neghra por banda e igual me meto entre os seus versos.

Saúdos dende a Chousa nevada

Seymour dijo...

Tomo nota da súa recomendación. Este ano quero ler máis poesía. Un saúdo dende debaixo desta montaña de lecturas e relecturas que teño pendentes.

HADEX dijo...

Cando eu estudiaba COU era lectura obrigada....encantoume!!!

Bolboreteira dijo...

Gil de Biezma é o meu poeta preferido, lino por obriga cando fixen C.O.U e gustoume moito, sobre todo por ser algo tan diferente o que lera anteriormente.
Un biquiño!

BRABIDO dijo...

Te acompañan las barras de los bares
últimos de la noche, los chulos, las floristas,
las calles muertas de la madrugada
y los ascensores de luz amarilla
cuando llegas, borracho,
y te paras a verte en el espejo
la cara destruida.

Coñezo aun que e identico,non miro pa nadie.

zeltia dijo...

coñecía o poema ó que pon voz loquillo; casualmente hai un par de dias que o atopei por algures... pero non sabía que era del.
ese xeito de poesía usando as mesmas palabras que na prosa é co que máis me identifico.
non quere dicir que non sepa apreciar outro tipo de poemas,
pero isto eche o meu.
rebuscarei, (se non me esquece, porque non me fio nada de min, a curiosidade nova que se suma, vai afundindo a curiosidade anterior)

Mr Tichborne dijo...

encantáronme os mesmos versos que a Brabido. "Los ojos todavía violentos..."
Por desgraza, fixen COU por letras e perdinme estrofas así por límites asintóticos, manda carallo.
Coñezo moi pouco a Biedma, mais meteume ganas de máis. A poesía é o que ten. Un saúdo.

Shucran dijo...

Gustáronme os dous poemas. Tratarei de ler máis poesía, que vexo que me estou perdendo moitas cousas.
Unha aperta.

vintxuca dijo...

fai xa moooooitooos anos estudei a Gil De Biedma cunha profe de literatura que me fixo ver que tinha poemas marabillosos. Pero xa facía tempo que non os olhaba!!!!
Eu tamén me animarei a ver a peli.

mencía dijo...

Non teño lido nada de Gil de Biedma, a úneca desculpa que teño é que cando eu fixen o bacharelato, estas "lecturas sociasis e de denuncia" non formaban parte do curriculo e houbo moitos escritores que tivemos que coñecer mais tarde.
poreime as pilas-
Bicos.