sábado, 6 de marzo de 2010

55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA






“Como vou esquecer a miña lingua se esa foi a herdanza de meu pai e mais miña nai!”
Un emigrante de Vimianzo en Montevideo.







Estes días ando a ler o libro “55 mentiras sobre a lingua galega”(supoño que a maioría de vos xa o coñecedes).
Dunha forma clara e sinxela, non por eso menos rigorosa, desmonta e bota polo chan as mentiras que algún partido político (léase PP) e algúns colectivos ( Galicia bilingüe, por exemplo) argallaron sobre a nosa lingua. Esas mentiras son “un conxunto de falacias co único fin de destruír a parte do universo que o noso idioma representa. Naceron movidas polo desprezo e por ideoloxías que xogan a proclamar todo aquilo que non son. Mesmo están as que posúen o cheiro inconfundible do odio.”
Si aínda non o lestes recoméndovolo porque “contribúe a desenmascarar a quen só coñece palabras de exclusión, de segregación e de negación” con respecto o galego.
Por suposto, tamén lle recomendo a súa lectura a Núñez Feijoo, Jesús Vázquez, Roberto Varela, Agustín Hernández,... por citar só algúns dos politiquillos que pretenden o esmorecemento e mesmo a desaparición do noso idioma. De Gloria Lago nin falo porque esa é tan impresentable que xa non ten remedio.

* O entrecomiñado pertence o libro e a viñeta de abaixo é de Xosé Lois, que supoño que non lle molestará que a reproduza nesta cova.

9 comentarios:

fonsilleda dijo...

Tremenda a viñeta de Xosé Lois.
E, como eu non lin o libro, quero agradecerche a túa recomendación.
Bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Un libro que era necesario, vendo como se pon o río.

E a viñeta que puxeches, a quen lle ha molestar non será (estou convencido) a Xosé Lois precisamente...

Unha aperta

BRABIDO dijo...

Eu inda non o teño,pero coma di o de Montevideo,temos que conservala custe o que custe xa que pasou de xeneracion en xeneracion.

Saúdos

Mer dijo...

Tomo nota, o libro tén boa pinta.
E tés toda a razón no de todos eses politiquillos galegos de 2ª que rexeitan do seu idioma, da súa cultura, das súas costumes...

Bolboreteira dijo...

Incrible que siga pasando cousas coma esta nos tempos que estamos, que non se lle de o valor que ten unha lingua, e que haxa xente como a que nombras e moitos máis que traballen para destruir e non para construir e conservar. Vergonzoso e triste.
Bicos raposiño

Paz Zeltia dijo...

pois eu o libro non sei se o lin todo ou non, porque vou lendo migas. vou para adiante, para atrás.
cambio e leo outras cousas polo meido,
e volvo a ler algun capítulo que xa lera...
vouno asimilando pouco a pouco. eu estou sorprendida, si, si.

Carlos Sousa dijo...

Despóis de perdermo na presentación que houbo en Ponteareas, xa que levaran poucos exemplares, conseguín mercalo este sábado. Estouno a ler ós poucos, e di moitas verdades sobre esas mentiras que nos queren implantar.
Había que regalarlle uns exemplares a algúns que nos sabemos...

A Conxurada dijo...

Recomendo coma libro de cabeceira!

Anónimo dijo...

Aí lle deches, carallo !!.
Creo que cho vou roubar, se mo permites. (Vai a conta da axitación social, xa cho pagarei como ti vexas).

apertas