domingo, 14 de febrero de 2010

AMORES ETERNOS


“Nada es para siempre y una historia de amor solo es eterna cuando se deja a tiempo.”
José Luís Alvite dixit.

26 comentarios:

Mer dijo...

No estoy de acuerdo.
A pesar de todo, después de tantas vueltas, aún creo en el amor verdadero y duradero, si bien, con el pasar del tiempo se va transformando en diferentes tipos de amor, pasando por varias etapas que va desde el comienzo más apasionado al sin tí mi vida no tiene sentido porque yo ya soy yo contigo.

Ra dijo...

Amén.

vintxuca dijo...

Aínda que levo toda a vida pensando así, dende fai ben pouco comencei a trocar a minha opinión...négome a pensar que non exista o amor verdadeiro como di Mer e se non existe polo menos non o contes...sssssshhhhh!!!! prefiro vivir ca esperanza. Estou a volverme romanticona por momentos!!!!

Xan dijo...

Poida que para ser eterna, necesite esa necrolóxica de "deixala a tempo". Aínda que ese deixar a tempo pode deixar un regueiro de dor en algunha das partes...

Raposo dijo...

MER: As árbores, os imperios, as constelacións, nada é eterno. Pretender que o sexa un sentimento e absurdo e quizais un pouco inxenuo.
RA: Que asi sexa.
VINTXUCA: Verdadeiro si que existe, eterno non, afortunadamente. A eternidade debe ser algo demasiado pesado para nos, os humanos.

Raposo dijo...

XAN: Mellor "deixala a tempo" que trata de evitar a toda costa o inevitable.

fonsilleda dijo...

Yo, como no estoy segura de casi nada, de esto, todavía menos.
Bicos.

zeltia dijo...

jaja como me gustou a saída á galega de fonsilleda.

eu identifiqueime axiña coa cita.
paréceme que non está completa, hai algún xeito máis de que se convirta en inolvidable, pero tampouco é bo ;-)
pero ainda que concorde co José Luis Alvite...
moito me gustaría ter a ilusión de vintxuca, e a fe de mer.
peeero...
qué sei eu! igual non pensamos tan diferente e é que entendemos por "amor" un sentimento diferente...
ás veces, como nos imos entender se as defincións das palabras mirámolas en diccionarios distintos!

Chousa da Alcandra dijo...

A eternidade ten que ser moi longa.
Sexa como fose, a quen san Pedro llo dea, que San Paulo llo bendiga. Nos casos restantes...sempre queda o culto ó mencía.

Feliz día de San Faustino!

Carlos Sousa dijo...

Ai se fose eterno!! Que dolor...
Toda a vida amando á mesma... se fora así habería que escollela ben, jeje.

Maribel-bel dijo...

É importante que os recordos sexan certamente agradables,para iso non existe a eternidade. Somos polígamos por natureza..co cal é imprescindible saber cando remata e deixalo estar. Bicos

Senda dijo...

a min denme mentiras piadosas... "me pone enferma tanta sinceridad".

A lareira de Santiso dijo...

Nunca tanto coma neste momento estiven de acordo coa cita de Alvite. Tendemos a querer eternizalo todo, e ese apego non deixa de ser egoísmo.

A nena do paraugas dijo...

Nada é eterno, pero ás veces hai cousas que se prolongan tanto que mesmo semellan chegar á eternidade.
Quizais a clave estea no que di Mer, pero... pasan tantas cousas, tamén, ao longo dos días... e tantas persoas diferentes...
Eu non sei, quen o teña, que lle dure, pero tampouco estou moi segura desa eternidade, aínda que non perda a esperanza.

covetas dijo...

No sé quien eres Senda, pero estoy contigo....y añado .... hay tanto amor dentro de mi que....¿quién se atreve?....

Bolboreteira dijo...

Amor eterno..o amor romántico igual non o é, pero outros tipos de amor si, como o que sintes por familiares, amigos....
Encontrar un amor de parella eterno...eu vexoo complicado añinda que me gustaria que si existise.
Bicos raposo

vakastolas dijo...

E que sabemos nós da eternidade? Non coñezo a ninguén que aló chegara.

vintxuca dijo...

A eternidade é como o concepto do infinito....incomprensibles para os mortais...pero, si que podes atopar un companheiro que te leve da man no caminho, nada doado, que temos todos por percorrer. Ti suxeitas a súa e a outra persoa suxeita a túa. Ou polo menos de iso intento convencerme ultimamente despois de tanto fracaso amoroso jajajaaa....unha aperta :)

Ex Traño dijo...

verdades coma puños....

i esta e unha delas, ainda que voume atrever a matizar:

“Nada es para siempre y una historia de amor solo es eterna cuando TE deja a tiempo.”

alomenos eu son incapaz de deixala,asi que....
apertas raposo que xa estou de volta

paideleo dijo...

Cuidado que ten o seu intringüilis esta frase.

Sun Iou Miou dijo...

Salvo contadísimas excepcións, como en todo, concordo. Na maioría acaba sendo unha tolerancia cómoda.

Claro que no fondo o Alvite se refire á paixón, pero mesmo así.

X dijo...

Déixolle a réplica na Selva.

Mer dijo...

A túa resposta dime que as árbores non son eternas, nin os imperios, pero fíxate, son eternas para unha persona porque duran máis que ela.
Se vivo nun imperio e morro no mesmo, para mín foi un imperio eterno.
O amor dura moito máis, aínda cando rematou a relación, continúa vivo dalgún xeito.

Raposo dijo...

Mer: poida que a nós as árbores e os imperios non parezan eternos. Pero unha árbore non é eterna para o bosque, nin un imperio para a historia.
Todo o que ten un principio ten un final: esta é unha lei inexorable.

BRABIDO dijo...

Unha retirada a tempo e unha vitoria.

Apertas

xenevra dijo...

Nada hai eternona realidade desta vida efímera. Só podemos facer eterno o que a imaxinación e o deleite nos deixa gozar sen marcarlle límite, pero... haino. Mais o sabor que deixou na boca dura para sempre, o noso sempre. Quizais aí é onde estea a eternidade. Nese regusto que pintas sorrisos de anataño no rostro de hoxe.