martes, 16 de marzo de 2010

RAÍCES DO PASADO V: O CORAZÓN DA AUGA


Nun rumor de coutos secretos
dorme o corazón da auga.
¿Que palabra xa esquecida
dará as chaves do seu nome?
¿Por qué arterias de cores vertixinosos
chégase ata a fonte?
¿Por qué profundidade ata o seu peito?
Da cifra dos seus latexos nace a esperanza
como un pandeiro que batera nos montes,
como un néctar fresco acariñando
a gorxa submisa do home.
Lúas de mercurio vixíanlle os soños.
Recollido e silandeiro fíxose sangue,
espiral, maxia, folerpa de brumas,
ouro líquido buscando as mans,
invisibles regatos agromando oasis
na face sedenta do deserto.
Das súas bágoas brotan as mimosas.
Un tremor axita a saiba das flores,
atrona as ladeiras e os crepúsculos,
navega por longas e escuras tobas
e suicídase á beira duns beizos,
incapaces de sentir a odisea do manancial.
Lúas de mercurio vixíanlle os soños.
Das súas bágoas brotan as mimosas.
¿En que rumor de coutos secretos
dorme o corazón da auga?

10 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Auga para limpar os ollos de tristura, auga para alimentar as miradas sen caricaturas, auga para calmar a sede dos corpos e das almas. Pode chegar e acariciar todos os sentidos. Ata os bicos de auga teñen un sabor diferente. Precioso poema. Apertiña

Chousa da Alcandra dijo...

Que ben disfrazadiños van os glóbulos vermellos, cando pasan polo corazón da auga.

fonsilleda dijo...

Se cadra non temos máis que buscar entre as palabras, entre as deste precioso poema, osea, as túas.
Biquiños

Paz Zeltia dijo...

pois ninguén diría que é un suicidio da auga cando a vexo saíndo cantarina polo picho dunha fontiña, e menos aínda se fago unha cunca coas duas mans, collo unha pouquiña e béboa, e baixa despois, fresca, pola miña gorxa. (inda que tenten escapar unhas pingueiras esbarando polo queixo abaixo, que de paso que as limpo sirven para refrescar a cara!)

claro que igual tí falabas doutra cousa, a poesía é o que tén
:-)

Mer dijo...

chegoume

Son Unha Xoaniña dijo...

De seguro que no mesmo "rumor de coutos secredos nos que durme a auga", habita o teu corazón.
Fermoso texto.

Anónimo dijo...

http://desmembro.blogspot.com/2010/03/projecto-de-edicao.html

fgul dijo...

pois vai ti a saber... é como se a auga levase séculos percorrendo un leito do que xa falaba Heráclito.

Saudiños raposo! Que non che capturen! Por certo, os 7 LVVAS teñen un fermoso tema adicado a un raposo moi peculiar!!

Pau dijo...

A auga é arte e é vida, e neste texto todavía máis

A nena do paraugas dijo...

Auga, simplemente. E que fermosa maneira de loubala!
Ás veces esquecemos que algo tan sinxelo coma a auga é o máis prezado tesouro que temos. E canta despilfarramos!

Parabéns polo teu poema.

Un saúdo