jueves, 27 de mayo de 2010

WESTER VII: GRUPO SALVAXE


Xunto con Jhon Ford e Howard Haws, Sam Peckimpah está entre os mellores directores da época dourada do wester. E a diferencia dos outros soubo redefinilo, reinventalo cando os camiños que o xénero seguía estaban xa moi trillados.
En 1969 dirixiu Grupo Salvaxe (The Wild Bunch), un dos mellores westers da historia. Algúns acusárono de violencia excesiva e gratuíta. Non tal: a peli e violenta porque reflexa unha época violenta; nun mundo de homes rudos e fortes, nun territorio aínda sen estructura de país a supervivencia só se impoñía pistola en man. Nese mundo impreciso da fronteira que Peckimpah soubo reflectir tan ben a morte e a brutalidade era algo demasiado cotián.
Grupo Salvaxe é a historia duns homes que viven a marxe da lei (porque xamais souberon vivir doutra forma) e a duns cazadores de recompensas (non mellores ca eles) que os perseguen implacablemente. O mundo cambia a pasos axigantados, o vello oeste está a piques de desaparecer e eles saben que non teñen futuro nese novo orde que se lles ven enriba.
O espectador remata por ter mais simpatía pola banda liderada por Pike Bishop (un espléndido William Holden) porque entre eles hai un código de honor, un respecto mutuo. Quizais non sexan amigos, pero son compañeiros e eso levarano ata as derradeiras consecuencias. “Seguiremos todos xuntos, como sempre fixemos. Si estás con alguén estalo ata o final. Senón es un animal, e estás acabado”, dille Pike Bishop a Téctor (Ben Jhonson).
Pola contra os perseguidores, excepción feita de Deke Thornton (Robert Ryan), son individuos sen escrúpulos, sen ningún tipo de lealdade, porcalleiros só movidos pola ambición.
Estamos arredor de 1913 co contexto de revolución mexicana de fondo. México é un fervedoiro de loitas intestinas. E aí está o xeneral Mapache, un cacique noxento, un infame individuo disposto tamén a sacar tallada do sangue do pobo.
E para ese tirano farán un último traballo, o roubo dun cargamento de armas, que lles permita retirarse cun bo botín. O golpe sae ben aínda que a cousa se complica cando Mapache fai prisioneiro primeiro e tortura despois a Angel, o membro mexicano da banda.
Bos actores, asiduos do wester: William Holden, Ernest Borgnine, Robert Ryan, Edmond O’Brien, Warren Oates, Ben Jhonson. A esto hai que engadirlle un guión axeitado, os diálogos, a mestría do director coa cámara lenta, a fotografía de Lucien Ballard, a música de Jerrry Fielding....
“ Todos soñamos con volver a ser nenos. Ata o peor de nós. Poida que o peor de nós o desexe mais ca ninguén”, dille un vello mexicano a Bishop. Eles sábeno pero saben tamén que non é doado conseguilo despois dunha vida delitiva e violenta, ateigada de excesos, balazos, whisky, putas e sangue.
Por eso ó final deciden rescatar o seu amigo das gadoupas do xeneral Mapache, como a única forma de recuperar a inocencia, e recorren firmes o treito que os pode levar a morte pero que tamén é un camiño de redención en nome de honor e sobre todo de amizade.

10 comentarios:

zeltia dijo...

Pois as pelis do oeste non son as miñas preferidas, debe ser de ter visto tantísimas nos 70; a maioría malas. Non sabía tampouco eu, daquela, -nin poida que agora- sacarlle máis miga ás películas que a superficial, a que daban xa remoída.
Moi bo post, Raposo, un xénero que ainda volve de cando en vez con productos que siguen agradando.

zeltia dijo...

Bueno, esqueceume preguntarche polo teu top ten persoal de pelis do oeste, que xa che teño visto máis entradas referidas a ese xénero, polo que deduzo que é un dos teus favoritos...

Qué opinas deste que atopei por aí?

1. El hombre que mató a Liberty Valance – John Ford
2.- Río Bravo – Howard Hawks (John Wayne y Dean Martin
3.- Pursued – Raoul Walsh y Robert Mitchum.
4.- Estación comanche – Budd Boetticher (Randolph Scott y Boetticher)
5.- El tren de las 3.10 – Delmer Daves.
6.- Cielo amarillo – William Wellman
7.- La diligencia – John Ford
8.- Ox-Bow incident – William Wellman
9.- Rio Rojo – Howard Hawks)
10.- Sin perdón – Clint Eastwood.


A mín, así sen facer moita memoria, gustárame moito cando se estreou "la muerte tenía un precio", con aquela banda sonora que se escoitaba por todo o país, dende euskadi a andalucía [ou, mellor, case o revés] :-)
Teño bo recordo de "Dos hombres y un destino"
"Solo ante el peligro".
A verdade é que vin moitas, pero non son capaz de lembrar cal é cal.
Sonche aniños xa os que fai que as vin.

Chousa da Alcandra dijo...

Moitas bolsas de pipas papei no Bar "Chispa" mirando películas "de vaqueros".
O que máis me chamaba a atención eran as doblaxes con acento sudamericano que lles poñían entón.

Dende aquela eu fíxenme un chisco "indio"!

Apertas

Raposo dijo...

Zeltia: nesa lista hai algunhas que son moi boas: La diligencia, Rio Bravo, Rio Rojo, El hombre que mató a Liberty Valance. Pero a mellor de todas, sen dúbida, e Sen Perdón de Clint Eastwood.

Chousa: en case tódalas películas os indios eran uns tipos malencarados, ruíns, falsos, e o final sempre perdían. quizais por eso eu tamén lles tiña simpatía.

A nena do paraugas dijo...

De todas elas, "Sn perdón", "Dos hombres y un destino" e "Solo ante el peligro".
A primeira porque enténdoa coma unha crítica dura contra os convencionalismos, a corrupción, o abuso de poder, a perversión e o maltrato ás mulleres, sobre todo ás que exercen a prostitución.
A segunda porque enténdoa coma un reflexo da amizade e a camaredería.
A terceira porque para min reflicte a loita constante coa que nos temos que enfrontar a diario no noso interior.

Non son crítica nin o pretendo, máis ben son moi ignorante, pero esa é a percepción que teño.
Sam Peckimpah resúltame moi violento, pero teño que recoñecer que reflicte nos seus filmes de maneira maxistral esa violencia que envolve todo e na que moitas veces non reparamos. Ou na que non queremos reparar porque nos parece demasiado terrible. Ven sendo coma un espertador. Ou así o vexo.

Saúdos.

Mer dijo...

Ao meu cuñado roubáronlle o coche onte pola mañán en Vigo.

BMW 320 - Gris claro

Matrícula: 7365-GBR

Por unha serie de circunstancias, a policía xa sabe quen foi e di que seguramente o colleu para ir a algún sitio en concreto e logo o deixaría aparcado en calqueira lugar.

Se alguén o ve, agradecémoslle se poña en contacto neste mail zenkiulove@gmail.com ou que chame á policía.

Sun Iou Miou dijo...

Uf, eu as do oeste non as trago, son superiores ás miñas forzas. Creo que a única que sen queixarme foi High Noon (Só ante o perigo), o resto prodúcenme sarabullo coma pouco. ;)

Alex Ghalpon dijo...

Pois a min encántanme as de vaqueiros, inevitablemente. Case é marca da casa, lembro con moito cariño as tardes na casa de meus avós, sentados detrás da cociña de ferro pampando para o wester que poñían na tele. E meu avó e as novelas de Marcial Lafuente Estefanía, e meu pai segue co gusto polas vaqueiradas, claro.
Para min moitas das que mencionades son das miñas favoritas, Clint Eastwood é do mellor. Eu engadiría (inda que algunhas van un pouco á marxe do xénero):
-La leyenda de la ciudad sin nombre, con Lee Marvin, Clint Eastwood. En plan musical.
-Un hombre llamado caballo, con Richard Harris. Actorazo.
-Las aventuras de Jeremías Johnson, de Sydney Pollack (si!) con Robert Redford. Ecoloxismo e intensidade.
-Caravana de mujeres, de William A. Wellman. Hai que entender as cousas no seu tempo, a min paréceme incluso boa para traballar con alumnos de historia.
-Pequeño gran hombre, cun grandísimo Dustin Hoffman.

E vou parar, porque xa pensaba tamén en Los cuatro hijos de Katie Elder...
Saúdos

Bolboreteira dijo...

Os westers non son o meu...de pequena ainda bueno..pero en canto comezei a decatarme de que os indios en vez dos malos eran as victimas....deixaronme de gustar.
Bicos

Raposo dijo...

Alex Ghalpon: Boa lista tamén a túa. Teño que recoñecer que Los cuatros hijos de Katie Elder aínda non a vin.
Apertas e grazas pola visita.