lunes, 17 de mayo de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: UXÍO NOVONEYRA


PASADAS TÓDALAS FRANCIAS
Pasadas tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluídas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa en Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
as penas de garamela
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e solo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o Camiño
solo para o rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa.
E logo xa Compostela
/ Monxoi! Eoi! Ei Santiago! /
e párame á vista dela
mirar como eu o fago.

Uxío Novoneyra, 1993.

8 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Entendía que na cova, despois de lembrar a Antonio Vega(eu fíxenlle esquela no blog, cando falleceu)non aparecera un recordo para o grande poeta Uxío. Unha aperta..porque te intuía.

xenevra dijo...

E pasadas todas as terras, chegar a patria, para berrar ben alto dende o Caurel a Compostela que non han de calar a súa voz. Uxío por sempre, na nosa terra!!!

zeltia dijo...

o galego fala por sí mesmo

Chousa da Alcandra dijo...

E seguimos no día das letras. Que hoxe e mañán tamén seguimos sendo de Sober, de Antas...

xenevra dijo...

Pois andaba un de Sober cunha pancartiña moi feita ao meu carón. Mirei por se era un coñecido, ou mellor dito, alguén re-coñecido a quen saudar. Non pensei nos raposos (glups)

A nena do paraugas dijo...

Somos tamén do Carballiño,
de Padrenda e Ribadavia
de Valdeorras, de Ambía,
do Bolo e de Viana,
de Bande, Lobios e Entrimo,
de Verín, da Limia Alta,
de Montederramo e Maceda,
de Allariz, de Cortegada,
de Celanova e de Trives,
de Carballeda de Avia,
da Arnoia e da Gudiña,
deste lado da Canda...

Do Sil somos, do Bibei
do Limia e tamén do Támega,
do Cenza, do Barbantiño,
do Xares e do Barbaña
e do manso Miño que rega
Ourense coas súas augas.

Pois iso. Non é moi bo, pero... que me desculpen aqueles e aquelas das terras e das augas que non mentei.

Bicos.

fonsilleda dijo...

Grande Uxío, fermosa lingua.
Bicos

Bolboreteira dijo...

Que todos os día sexan o día das letras galegas.
Coidemos a lingua!
Bicos