lunes, 14 de marzo de 2011

EN BOCA PECHADA...

Non teño palabras para dar, nin sequera eso podo ofrecer.
Non vos estrañe, pois, que non marque os naipes nin saque as mans dos bolsos. Tampouco vos sorprendades si baixo a vista, si arelo as sombras, si disimulo as feridas, si me esquezo de cousas que nunca coñecín, si busco o teléfono da brétema nas Páxinas Marelas e si me refuxio a cotío no meu tobo unipersoal.
Simplemente é que camiño de puntillas pola vida e ante as portas que se pechan e os brazos que me afastan non esperedes berros nin reproches. Desde o berce do desencanto reclamo o meu dereito o silencio.
(non falo de min)

12 comentarios:

Bolboreteira dijo...

Escribindo como escribe non lle faria falla case falar :P, moi fermosas verbas!
Bicos!

Paz Zeltia dijo...

jaja, está ben a aclaración final.
pero que mais ten de quen se fale.
por desgracia, sempre temos momentos para facer nosas palabras como éstas.

A Conxurada dijo...

Xenial!

Dilaida dijo...

Non falarás de ti pero falas moi ben.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Así, coa boca calada, un (ou unha) sempre terá a propiedade dos seus silencios. Ben falado o de ficar calado, señor Raposo!

A nena do paraugas dijo...

É que ás veces é mellor calar, tapar a boca para que non escape aquilo que non debe saír.

Un saúdo.

fonsilleda dijo...

Ainda que non fales de ti, fixo que algo te atinxe. A min si. O dereito o silencia é un dos dereitos que, si non teño dereito, vouno coller eu.
Hermoso como o diseches.
Bicos

rui dijo...

Por suposto, o dereito ao silencio é unha potente arma defensiva, pero isoladora e depresiva. Tamén loito moitas veces contra as ganas de poñer unha distancia salvadora entre o mundo e máis eu, mas de momento sempre chego á conclusión que é mellor o balbordo de buscarse un sitio no medio do desorde que a paz do silencio.
Unha aperta, Raposo

Xan dijo...

Hai silencios máis elocuentes que unha chea de palabras.
Apertas

A cruz da Campá dijo...

Decía meu avó, que el prefería escoitar que falar, pois escoitando sempre aprendía algo e falando os que aprendían eran os demais del. Saudos señor Raposo.

xenevra dijo...

Aforro comentario e repito o do blogue seguinte (que para min foi o anterior ;))

Anónimo dijo...

Falas por moita moita xente. Non atoparemos unha maneira de artellar ese silencio, rediós....
Iso aparte, falas caralludamente ben.