Centos de promesas, miles de mitins, millóns de carteis, descualificacións mutuas, corruptos nas listas, carrexo de votantes, sondaxes a pé de urna, sorrisos e desencanto, vencedores e vencidos. De todo o tsunami electoral quédome cun slogan do Movemento 15-M.
10 comentarios:
Eu tamén me quedo con ese slogan, o demais aínda teño que facerme a idea e non sei o que vou tardar.
Quen non quedaría con el!! os soños non nolos roubarán ata que os fagamos realidades.
Un saúdo dende o día despois.
Creo que unha é unha frase moi contundente e que debía ser santo e seña da sociedade.
Veremos a ver se chegamos a facelos realidade.
Que certo o que dis, como se moven os políticos para arrepañar uns poucos votos, facendo incluso cousas inmorais a todas luces, foi noxenta esta campaña (por chamala de algún modo) no meu pobo, vergoñento!.Non se moven igual para facer o que deben.
O eslogan é moi bo..igualmente que non nos rouben os nosos soños.
biquiños!
ogallá!
Apúntome tamén.
Se non nos deixan soñar, ven a realidade e peganos tal hostia que nos ia doer toda a vida. Saúdos.
Fagamos realidade os nosos soños! Loitemos por eles! E seremos felices!
Veremos se dalgún modo segue presente esa rebeldía, pero temome que mentres non se pidan dimisións, non se esixan cambios xa e agora no canto de formar inmensas comisións que discuten sobre o sexo dos anxos non se derrubasen as inxustizas.
Un saúdo
Polo menos deron otoque de cor nestas eleccións.
Publicar un comentario