domingo, 31 de julio de 2011

E AGORA, LISBOA

Na cidade dos sete outeiros haberá que visitar o Castelo de San Jorge, a Catedral, o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belem, as Praças dos Restauradores e Rossio, subir os tranvías e o elevador de Santa Justa, perderse polos barrios de Chiado, La Baixa e Alfama, probar os peixinhos da horta e as pataniscas de bacalhao, o viño de Oporto e os pasteis de Belem mentres de fondo se escoita a voz poética e nostálxica dun fado de Amalia Rodrigues. De recordo traerei un galo de Barcelos e o mellor antes da fronteira ata merco media ducia de toallas.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola é unha cidade espectacular disfruta digocho por experiencia.Pasao ben

J Cima D Vila dijo...

Desfruta da cidade! e non esquezas as toallas :D

A cruz da Campá dijo...

Señor Raposo xa sabe do dito: "O que non veu Lisboa non veu cousa boa". Disfrute da cidade e da viaxe.

Dilaida dijo...

Pois a desfrutar moito.

Xan dijo...

Lisboa unha cidade moi fermosa. O viño de Porto que non falte.
Unha aperta

Paz Zeltia dijo...

Parece que este ano hai querencia de blogueiros por Lisboa!

sinto moita envexa! (inda que mellor sin ser agosto)
xa hai tempo que non vou e teño gana...

Concha L. F. dijo...

Vista desde o aire, Lisboa é fermosa. Imaxino como será mergullarse nela!

Cuspedepita dijo...

¡Que mágoa me das! ¡que mala vida pasas! ;-) ;-);-)

Apertas

Mer dijo...

Hai anos que non vou á fermosa Lisboa, a última viaxe a Portugal quedei en Oporto hai un par de anos, agora dixéronme que hai pouco laváronlle a cara ao casco vello ( que boa falta lle facía).

A gozar das vacacións!!!

Maribel-bel dijo...

Un montón de recordos dun sitio tan bonito e apetecible. Boa viaxe. Bicos