Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 29 de octubre de 2011
miércoles, 5 de octubre de 2011
AS MÉDULAS, UN LUGAR PARA O ASOMBRO

Desde o miradoiro de Orellán a vista impresiona: picoutos roxos emerxen entre o verde da vexetación desafiando ó ceo e á lei da gravidade. É o que queda dunha montaña desmantelada para extraer o metal amarelo.

Unha paisaxe estraña.
Un lugar misterioso.
Unha viaxe no tempo.
Un mundo perdido.
Unha lección de historia.
O xeógrafo e historiador romano Plinio O Vello, que estivo na península ibérica a mediados do século I, deixounos unha descrición do método para extraer o ouro. Construían grandes depósitos de auga nas partes altas da montaña a escavar e furaban cunha complexa rede de túneles e pozos as entrañas do xacemento. Despois botaban auga por eles. A entrada repentina da auga, que collía velocidade mentres baixaba producía erosións, turbulencias e golpes no interior da montaña que terminaba por derrubarse. A este procedemento chamábanlle “ruína montiun”.
Despois a terra era canalizada cara os lavadoiros onde se separaba o ouro.
Despois a terra era canalizada cara os lavadoiros onde se separaba o ouro.

Unha montaña aniquilada polo esforzado traballo da poboación nativa e as técnicas dos romanos. Calculan que o longo dos 2 séculos que durou a explotación movéronse máis de 230 millóns de metros cúbicos de terra. A cifra é difícil de asimilar.
Non sabemos canto ouro se puido sacar de aquí. Imposible recuperar o que foi esto nos séculos I e II en plena actividade. A nós, agora, desde o miradoiro de Orellán, paseando pola cunca das Valiñas ou entrando nas bocaminas de “La Cuevona e “La Encantada”, só nos queda o asombro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)