Naceu nun país afeito a que mexen por un e ter que dicir que chove. Pero este can é espabilado e debeu pensar “antes mexo eu por eles”.
E aquí o tedes, ouriñando con chulería non exenta de gracia e donaire.
Para que logo digan que os carteis políticos non fan servicio!
13 comentarios:
Desde logo, non sei quen foi máis oportuno se o cadelo antifascista se o fotógrafo atento.
Parabéns pola foto e polo post.
KAPLAN: A foto non sei de quen é, atopeima no feisbu, e o cadelo ben merece un bistec.
"Mexar é un pracer, xenial, sensual"... tamén eu mexaba por eles de boa gana.
Tes razón, o can si que é listo, só cunha ollada xa se deu conta para que serven esas siglas. O malo é que mentres o can nos está a dar un exemplo do que deberíamos de facer a maioría dos galegos, os galegos humanos somos tan conformistas que imos deixar que sigan eles a mexar por nós.
Cada día estou máis convencida do intelixentes que son os cans.
Bicos
O can pensa "Pola Patria", non deixa de ser en agradecemento e eu non che vexo mala leche eh, que conste. Biquiños(por encima do cartel).
Mágoa que ao pé do cartaz non estivese algún deles! De calquera deles!
jjajaja al menos se ha desahogado...
un besito
tes razón ao dicir que o fai con certa gracia!
pena de non supoñerlle intencionalidade... [porque é o que teñen os cas, que tan pronto che dan esas alegrías como che mexan a tí nas rodas do coche]
Se o cacha a cúpula do PP...léveme o demo se o chucho volve copular!!!
Saúdos
Canciño listo, si señor!
se valera de algo ese pisiño...
un abrazo.
Fantástica foto, e mais o teu comentario, por una vez, que mexen por eles!
Xenial e oportuna foto.
Quedouche bárbaro o post, mágoa que foses tan fino co título...
Será por iso que din que é dunha raza perigosa ?.
Publicar un comentario