miércoles, 15 de febrero de 2012

VENDETTA





O longo dos anos Garzón labrouse un bo número de inimizades. Eu pensaba (inxenuo de min) que eses inimigos eran os corruptos, traficantes, mafiosos, terroristas e delincuentes en xeral que o xuíz con tanto empeño perseguiu. Pero parece que tamén os ten dentro do sistema xudicial, na súa propia casa, e xa se sabe que non hai peor cuña ca da propia madeira.
So así se pode explicar esta campaña de denuncias, de acoso e derrubo, que deixa unha sensación de conspiración, de axuste de contas, para quitar do medio a un xuíz que para certos sectores resulta demasiado incómodo.
Como senón se pode explicar que por esa inmensa trama de corrupción que é o Gurtel o primeiro condenado sexa o xuíz que a investiga?
Como senón se pode explicar que polos crimes do franquismo se acuse a quen busca os corpos da vítimas?
Parece como si o veredicto estivera decidido de antemán: había que darlle un escarmento e si polo dos Tribunal Supremo fora Garzón sería declarado culpable do cambio climático, da transmisión da gripe A e da morte de Manolete.

Algo cheira a podre na xustiza, algo vai moi mal. E agora veñen os membros do goberno, a portavoz Soraya Saenz de Santamaría, a portavoz do Consello Xeral de Poder Xudicial, e dinnos que hai que respectar a sentenza.
Pois non, hai que acatala porque non nos queda outra, pero non hai porqué respectar o que se considera inxusto. Eu a considero inxusta, moi inxusta e, xa que logo, non a respecto, nin a sentenza nin os compoñentes do Tribunal Supremo que a dictaron. Estes individuos danme noxo e sinto por eles un total desprezo e os maldigo. E van ter sorte porque son un bruxo moi torpe e as miñas maldicións rara vez teñen efecto. Senón íano pagar caro.
Que ninguén pense que lles desexo a morte, non, para nada. Pero si de min dependera expulsaríaos do Tribunal Supremo porque non son dignos dese posto, poñeríaos a limpar retretes que coido que é un traballo máis acorde coa súa conciencia, e padecerían para sempre dunhas almorrás superdoorosas.

10 comentarios:

vakastolas dijo...

Na Facultade de Dereito predican que unha cousa é a legalidade e outra a Xustiza, dígollo eu con coñecemento de causa. Ben sabemos quen constrúe a legalidade, a nós só nos queda loitar pola Xustiza.

A nena do paraugas dijo...

Son estas inxustizas disfrazadas de XUSTIZA as que foron construíndo este mundo no que, quen traballa honradamente, non gaña para comer, e no que, quen mete a man en peto alleo, estoupa coas enchentes.

Xa que logo, é preciso botar fóra a quen lle pon nome ás inxustizas e as fai públicas. Non vaia ser que se acaben as paparotas e o luxos a conta dos pobres!

Raposo dijo...

Vakastolas: non sei que pasa pero non podo comentar no teu blog. Debe ser outro tipo de conspiración.
A nena de paraugas: Si, neso teñen moito interese algúns.

Sáudos.

Sun Iou Miou dijo...

O mundo nunca foi un lugar perfecto. Nunca vai ser. Por iso, para non caermos no desespero, cómprenos crer en utopías e loitar por elas.

Anónimo dijo...

...imos mal, isto paréceme unha caza de bruxas...
Breves
Deica

mariola dijo...

Non entendo este tipo de xustiza, de primeiras sempre penso na honradez, pero cada vez vexo que hai máis corrupción, que en vez de ter máis conciencia volvémonos máis desalmados.
un abrazo.

Paz Zeltia dijo...

o das almorrás paréceme un castigo xusto.
eu non podo xulgar, non teño as probas dos delictos que se lle imputan á miña vista,
non sei se Garzón colleu algúns atallos que non debía para "facer xusticia", a xusticia que coa lei na man ás veces non se pode facer.
Pode que "coa lei na man" esta sentencia sexa "xusta", xa che digo que non coñezo as leis... pero pregúntome as mesmas cousas ca tí,
... como é posible?
tampouco eu respecto esa sentencia,
inda que todos cacareemos que ningúen estea por riba da ley.

paideleo dijo...

Estamos vendidos por todas partes.
Isto vai ser a lei da selva.

César dijo...

Eu tampouco o entendo, pero o caso e que media ducia de xueces din que prevaricou. Podo entender eso, pero nunca entenderei a quen se alegra, a quen lle nega ter sido o xuez que mais casos peliagudos resolveu ala donde outros recuaron.

xenevra dijo...

e non eras inxenuo. Os seus inimigos son eses "corruptos, traficantes, mafiosos, terroristas e delincuentes" o que pasa que non sabiamos que estaban dentro do "sistema".
Tal vez o máis corrupto de todo sexa o propio sistema.