jueves, 6 de diciembre de 2012

Bategada

Pingueiras grosas
rebotan no asfalto.
Os coches pasan lentos
baixo a bategada.
A cidade parece durmida
neste día da Constitución
pasado por auga.


8 comentarios:

Mar e Lúa dijo...

A Constitución tamén parece durmida... E todos nós. Xa vexo como esvaran as pingas de auga polas nosas cabezas...

mariola dijo...

Gústame este poema curto.
Os dos primeiros versos encántanme, son moi visuais, podo ver caer as pingas no asfalto, o ruído que deixan ó chocar.
Qué dicir da cidade.
Como nós, parece durmida nese día que debería facer cumprir a verdade nas súas leis para todos por un igual.

mariola dijo...

AY, olvieime do abrazo.
un abraciño!

paideleo dijo...

Foi un día ben apagado, si.

Xan dijo...

Todo está durmido, apático como esas pingas grosas. Todo esta durmido, menos os ocupas que nos desaloxan dos nosos dereitos.
Unha aperta

Chousa da Alcandra dijo...

Estamos todos amouchados ultimamente, si.
Apertas espabiladas

Cesar dijo...

A Constitucion pasada por auga e a piques de encoller. Sinxelo e sonoro. Xa te chamarei, pero topei mais emocion en alguns bastardos de Monterrey que no Vega Sicilia.

zeltia dijo...

pois eu pasei algún outro día amurchada, pero casualmente ese, andei rolándolle o ar á Coruña!

(sempre me engaiola atopar datas, nomes, lugares reais, nos poemas ou nos contos)