jueves, 20 de diciembre de 2012

PODERÍA FALAR DE NUBES

Francisco Castiñeira, o do blog “Chove en ningures” presentou hoxe en Vigo o seu novo libro de relatos  “Podería falar de nubes”. A cita foi as 20:30 h. na librería Cartabón, Urzaiz 125, presentado por Fran Zabaleta e  María Lado.
Un tipo simpático este Castiñeira, afable, cordial: contou anécdotas relacionadas co libro, debullou por enriba os contos e deixounos con ganas de mergullarnos nas súas historias.
De alí veño co seu libro dedicado,  que lerei este Nadal si a predicción maia o permite e mañá non se esborralla todo o planeta.

9 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Esperemos que non e a sorte nos permita ler moitos libros lindos e/ou interesantes durante un ano máis...

(por un momento pensei se o tan castiñeiras´serías tí, que viñas de presentar o teu libro)

:)

se iso é así un día, avisa.

Raposo dijo...

Zeltia: Perde coidado, qque xa te avisarei.

mariola dijo...

Pois ten boa pinta o libro. Como o hai tamén en formato electrónico miraremos logo eses relatos, aínda que a min seguen gustándome máis en papel.
un abrazo.

Concha L. F. dijo...

Grazas pola recomendación. Un máis para engadir ás miñas lecturas.

Bo Nadal!

Chousa da Alcandra dijo...

Unha das cousas que boto de menos de vivir neste paraíso centrado é que non vén presentar libros nin Rita a Encantadora. Terei que publicar eu tamén cando ti o fagas. Presentámolos en Antas e Sober (ou viceversa). Ti pós o viño, que eu poño o pan. E Zeltia virá fotografiar o evento. Xa só nos falta editor....

Bo Nadal, Señor Raposo!!!

Raposo dijo...

MARIOLA: onde estea o papel que que se quite o formato electrónico ese!
CONCHA L.F: de nada, eu xa o empecei a ler e, de certo, que vale a pena.
CHOUSA: Boa idea, en todas as presentacións de libros tiñan que dar uns pinchiños.

Saúdos cordiais e feliz ano!!!

Mr Tichborne dijo...

Así que eras ti!! Como non mo dixeches? Faríache unha adicatoria máis "raposeira" :)
Moitas grazas por vir á presentación, por este artigo e agardo que gustes do libriño.
Unha aperta

Mr Tichborne dijo...

Es este?
http://www.flickr.com/photos/deningures/8352784521/

Raposo dijo...

MR TICHBORNE: Pois si, ese son eu, o Raposo in person. Estou lendo o libro, ando pola metade. Gustoume sobre todo O cuspe dos poliquetos, e tamén algúns relatos moi cortos como Cronos, Rutina, Febre. Ou sexa que o libro é bon. Noraboa.
E unha aperta.