domingo, 18 de agosto de 2013

UNHA VISITA INESPERADA

Sobre as 11 da noite estábamos nas hamacas desfrutando dunha noite estrelada e unha temperatura moi agradable cando, aproveitando que a portada estaba aberta, un raposo entrou no patio curioso e decidido. Pensei que se asustaría ó vernos ou ó falarlle, pero non. Indiferente o ser humano recorreu o patio, inspeccionou as cortes e o despoboado galiñeiro, andou o noso arredor, permitiu que lle sacase esta foto co móbil, e cando lle pareceu ben marchouse, un pouco amolado, iso si, porque no seu rastrexar non atopou nada que levarse os fociños.

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Un Raposo fotografiando a outro raposo! Quen poidera pillar esa instantánea!!

Kaplan dijo...

Pero logrou, iso si, a gloria da inmortalidade

Zeltia dijo...

a un conxénere teu gustoulle a túa cova...!

José María Souza Costa dijo...

Invitación - E
Soy brasileño.
Pasei acá leendo , y visitando su blog.
También tengo un, sólo que mucho más simple.
Estoy invitando a visitarme, y si es posible seguir juntos por ellos y con ellos. Siempre me gustó escribir, exponer y compartir mis ideas con las personas, independientemente de su clase Social, Creed Religiosa, Orientación Sexual, o la Etnicidad.
A mí, lo que es nuestro interés el intercambio de ideas, y, pensamientos.
Estoy ahí en mi Simpleton espacio, esperando.
Y yo ya estoy siguiendo tu blog.
Fortaleza, la Paz, Amistad y felicidad
para ti, un abrazo desde Brasil.
www.josemariacosta.com

paideleo dijo...

Un raposo ben atrevido !.