sábado, 21 de septiembre de 2013

OUTRO TEMPO

Eramos tan novos,
tan loucos quizais.
o mundo parecíanos pequeno,
desafiábamos as leis da física,
os nosos pés corrían máis cos camiños,
os medos da infancia xa quedaran atrás,
a choiva non nos mollaba,
e polas noites de amor e canutos
xogábamos a apañar estrelas
coas mans que amasan os soños.

4 comentarios:

Alís dijo...

Así era. Pero o tempo pasa, e algo queda, sí, pero cada vez menos.
Doces lembranzas

Unha aperta

Kaplan dijo...

Si, como dicía o poeta: de case todo xa hai máis de vinte anos.

Concha L. F. dijo...

Os pés agora corren doutra maneira, as estrelas teñen distinta cor... E aínda que a cuasa está crúa, son bos tempos tamén.

Como pasa o tempo!

mariola dijo...

Que imaxe tan fermosa, atrapar estrelas coas mans que amasan os soños...
E seguir facendo loucuras con esa mirada nova, como recén estreada.
un abraciño.