jueves, 14 de noviembre de 2013

PREMIO "LEIRAS PULPEIRO": CICATRICES DO INSOMNIO, II

Este é o segundo poema:

NO BALEIRO
A esperanza só vive unha vez
e os condenados non a contan.
Quen non ten soños
non poderá inventar o universo.
Só ti e máis eu
compartindo esta vixilia,
este ronsel de vagalumes,
escribindo versos
como puños que sangran,
pintando graffitis
nos muros da soidade.
Só recordos perdidos no tempo.
Ó final todo fica no baleiro,
unha lúa falsa
enganando as pombas solitarias,
unha vida rota
sen puntos suspensivos,
anxos de néboa
entre as mans do vento,
xanelas que se pechan,
ollos húmidos,
e un teléfono soando sen parar
na deserta madrugada.

4 comentarios:

Alís dijo...

Fermosa tristura.

Unha aperta

Chousa da Alcandra dijo...

Xa o dixo Maribel no comentario ao primeiro poema: O insomnio teu foiche ben creativo.
Parabéns

mariola dijo...

Que fermososo pintar a soidade con graffitis.
A tristeza e a nostalxia que se palpa tamén ten o seu lado positivo, simplemente por escribir estes versos que non ficarán no baleiro.
biquiños.

Magdalena Malungo dijo...

Anxos de néboa entre as mans do vento... Fermoso poema. Ben merecido o premio!