O xoves 19 estiven en Paradela co gallo da entrega de premios do XVIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López. Ó abeiro de Xulio Xiz e José Manuel Mato compartín un entrañable acto con familiares de Manuel-Oreste e Celso Emilio Ferreiro, e outros premiados como Manrique Fernández, Xosé Farruco Graña e Xosé Otero Canto.
A foto é do libro colectivo que se editou cos traballos premiados neste certame.
10 comentarios:
Vaia, non saes dun premio e cais noutro.
Boas festas !.
Boas festas, Paideleo, unha aperta!
Felicitacións por cada premio, por cada letra, por cada pensamento...Boas festas
Grazas, Maribel-bel, e felices festas!!
Moitas felicitacións polo premio. Así da gusto.
Que pases unhas boas festas.
un biquiño.
Grazas, Mariola, e felices festas.
Un bico!!
parece que agora andas á recolleita do traballo ben feito.
alédame moito.
feliz ano, raposo!
Parabéns
É un bon xeito de celebrar o Nadal
Unha aperta
Zeltia, Alis: grazas. Feliz ano!!
Publicar un comentario