O vindeiro 23 de novembro tiven a honra de recibir na escola de Guillufe (Gondomar) o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo, organizado pola Entidade Local de Morgadáns e o Instituto de Estudos Miñoranos. Aparte da dotación en metálico e unha escultura de Fino Lorenzo, o premio tamén incluía a publicación do libro (este que vedes na foto).
Un acto entrañable no que participaron a banda de gaitas “Balcón do Miñor”, Elvira Riveiro cunha disertación sobre Taibo e Rosalía de Castro, un recital de Dania D’Alfonso, e o grupo de teatro Bertorella representando o conto de Taibo “O can de San Roque”.
Máis información aquí.
7 comentarios:
Moito gusto me dá saber deses recoñecementos.
E que haberá que facer para ter ese laureado libro en Antas?
Chousa: Non hai problema. Si o queres ponte en contacto comigo polo correo electrónico e xa miramos a forma de facercho chegar.
Por certo, o xoves 19 (se non hai contraorde) estarei recollendo outro premio en Paradela, cerca da túa zona.
Saúdos.
Noraboa.
Unha aperta
Non paras de coller froitos eh. Claro que quen sementa...
(Agora "falamos" polo correo-e, e acordamos o xeito de facerme co libro)
Noraboa!
non paras de colleitar premios!
a mín tamén me gustaría ter o libro,
mais hei ter que esperar, porque estas semanas levo mercados uns cantos (todos de poesía) :)
e o presuposto para libros este nadal téñoo superadísimo.
Non hai premio máis bonito que ver o traballo de un publicado. Parabéns! A ver se dou apañado un exemplar.
Mr. Tichborne: moitas grazas. Polo de agora o libro só se vende en Gondomar ou cho mandan vía correo. Se queres tamén podo mandarcho eu: avísame polo correo electrónico e xa vemos a forma de facercho chegar.
Saúdos.
Publicar un comentario