O día non presaxiaba nada bo.
O ceo desfacíase diante dos ollos
e os zapatos non podían resistir tanto tremor.
A dor era una froita madura
nun niño de formigas,
un accidente abrazado ó cadaleito.
Daquela soubo que tiña
que pór a ferida antes cá venda
e saír á rúa
ofrecendo o peito
ós disparos do francotirador.
Iso ou afundirse a contracorrente.
Do libro "Territorios estraños"
2 comentarios:
Hai xente que pon a venda moitísimo antes cá ferida; así que este protagonista é bastante lóxico, dentro da súa terrible tristura.
Doe. Hai días así. Con sorte, non se atopa a ningún francotirador e dámoslle a oportunidade a un día novo.
Bicos
Publicar un comentario