que tentan descifrar o
mañá cando
nin sequera os espellos devolven a mirada.
Esta boca
que nos momentos
importantes
xamais atopa as verbas
axeitadas.
Estes pulmóns
abafados polo recordo
do fume de tantos
cigarros negros.
Este fígado
que encaixa mal os
golpes baixos da vida
e ben os licores altos
de graduación.
Estas mans
que escriben a crónica
dos perdedores
coa tinta gastada que
deixan as derrotas.
Estas pernas
que se obstinan en
seguir pegadas
que dan rodeos para
chegar a ningures.
Este corazón
canso, cun
contaquilómetros trucado
nun taller de
dubidosa reputación.
Do libro "Territorios estraños"
4 comentarios:
Así imos indo...
E é todo canto temos ;)
A dudosa reputación do taller vai en consonancia cos tempos que corren.
(Tocar fondo tamén pode ser un bo momento para empurrarse con forza cara riba)
Todo se desenvolve nun aura de pesimismo, de aflición que non atopa saída...máis que nestas verbas.
Gústame este final facendo referencia a ese corazón trucado, o corazón, onde están contidas esas emocións que resaltas no poema.
unha aperta para esa corazón malferido.
Publicar un comentario