Impasible
baixo a choiva
apenas
se distingue á luz dos farois.
A
aba do chapeu oculta
uns
ollos inquedos que espreitan.
A
súa gabardina gris xa coñeceu
outras madrugadas coma esta.
Os zapatos teñen pisado moitos charcos.
Apura
o cigarro coma se fose o derradeiro.
A
man dereita do home afúndese
no
bolso dereito da gabardina.
Os dedos apertan a culata dun revólver.
As
balas do cargador xa teñen un destino fixado.
Cando
ó outro lado da rúa se fai a luz
porque
alguén abriu unha porta
e
sae rápido á calzada,
o
home da gabardina gris saca o revólver,
apunta
lixeiro e...
Do libro " Territorios estraños"
1 comentario:
De cando o cine era cine...
Publicar un comentario