Pecho
as portas de par en par
porque
no silencio hai demasiado barullo,
o
sol non dá sombra
e o
reloxo marca as horas a destempo.
Hoxe
festexo o aniversario do escepticismo,
como
quen di adeus coa man
na
plataforma dunha estación
pola
que só pasan trens
contra
unha vía morta.
Quero
dicir que estou triste
coma
un chapeu sen Humphrey Bogart.
Do libro "Territorios estraños"
3 comentarios:
Que sería de Bogart sen o chapeu e sen o pitillo?
pero é moito máis triste dicir adios coa man a trens que só van a unha via morta, que só dicir "estou triste"
as palabras.
É certo que ás veces no silencio hay moito ruído... e cústanos desprogramar a nosa mente e só deixarnos levar, sobre todo porque como dis, cando un está triste as emocións e as palabras son as proatagonistas.
un abrazo.
Publicar un comentario