miércoles, 1 de abril de 2015

Forzas ocultas

Multan un corazón
por exceso de velocidade no túnel do amor
e colápsase todo o tráfico da cidade.
Unha parella bícase en Sunset Boulevard
e a onda expansiva  inutiliza
a rede de mísiles antiaéreos dos EEUU
e fai tremer a falla de San Andrés.
Dous adolescentes están a facer o amor
nos asentos traseiros dun coche
no polígono de Monforte  de Lemos
e as pombas mensaxeiras desoriéntanse,
rebélanse os ordenadores 
e a bolsa de Tokío baixa ó nivel do mar.
Nun segundo piso alugado
na zona vella de Compostela
un orgasmo amolece
as telúricas pedras da Catedral,
ó Apóstolo invádeo a melancolía
e ata o anticiclón das Azores
tremelica coma un can asustado.
Debe ser cousa da primavera.
    
                                               Do libro "Territorios estraños"

2 comentarios:

peke dijo...

:D

mariola dijo...

A primavera todo o cambia...e o amor parece volver a rexurdir despois dos días fríos...
gustoume o texto.
un abraciño.