miércoles, 28 de octubre de 2015

Abrazos que salvan

A listaxe das miñas vitorias
cóntase por derrotas,
as chamadas de auxilio sempre toparon
cun contestador automático fóra de servizo,
os camiños que me gustan
teñen un cartel de prohibido o paso,
e os meus personaxes favoritos
case sempre morren antes de rematar a película.
Será preciso que che diga, ruliña,
que sen os teus abrazos,
nos que se detén o tempo,
faríaseme moi costa arriba este mundo
cargado de desánimo, depresións  e protestas?

                                            Do libro "Territorios estraños"

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Que sería de nos sen os abrazos da Ruliña...

Raposo dijo...

Xa che digo, Chousa, xa che digo!!

Zeltia dijo...

:)