miércoles, 7 de octubre de 2015

Volta ó rego

Estas pernas que se negan a percorrer
as beirarrúas que levan á oficina.
Esta ollada que se resiste a sufrir 
a paisaxe cotiá de rotondas e traxes gris-cemento,
de derrotas mesturadas con  paracetamol,
de semáforos insubmisos 
e escaparates coa moda do outono,
e  prefiren seguir colgados da maxia
salvaxe e volcánica de Lanzarote.
Este corpo que non quere entender de urxencias
nin da escravitude do reloxo.
Estes dedos que se  fixeron  alérxicos 
ós  códigos de barras, ós  impresos M-11
e a un ordenador Inves con vistas á rúa Zamora.
Este síndrome postvacacional
que non me serve como coartada.
                                         Do libro "Territorios estraños"

1 comentario:

Zeltia dijo...

o síndrome postvacacional inda é peor que o síndrome tarde de domingo...

os impresos M11 se son para enviar cousas lindas por correos inda non desanimarán tanto