Nesta noite de ausencia,
a cento e tantos
quilómetros de desterro,
coa friaxe espallándose
con preguiza
ó outro lado das ventás
onde quizais latexa unha
cidade ou quizais nada,
noméote baixiño coma un
esconxuro
para derreter as distancias
e recuperar o teu corpo
doce coma mel,
e bebo outro trago
buscando o fondal dos
teus ollos
e imaxínote entre as
sabas,
espida, leda, cálida,
turbadora.
O ron sábeme a ti.
Do libro "Territorios estraños"
4 comentarios:
O fondal dos teus ollos...unha imaxe que me encanta.
O desexo latendo nos versos.
unha aperta.
Ten tino co ron. Ou coa do corpo doce coma mel; que tamén (seguro!)ten moitísimo perigo.
Fai moito que non paso (a vida complicouseme nos últimos tempos) pero é reconfortante achegarse e ver que seguides aquí, con ánimo para escribir poemas coma este.
Apertas.
Apertas, Mariola; Tento ter tino, Chousa; Cuspedepita, agardo que as cousas vaian mellorando.
Apertas a tod@s e grazas pola visita
Publicar un comentario