O
Serafín do Pita aprendéndome
a xogar á brisca e ó tute
mentres
o gando
pacía
ceibe e calmoso
na
lameira da Riba
e a
Sara de Cacedo
que
unha tardiña de xullo
a
sombra da palleira
explicoume o tres en raia
deixándome
gañar algunhas veces.
Dona
Gloria e a súa teima
pola pronunciación
do francés
“Monique est partie à l'école”
e o Peteira
en sétimo de EXB
dando
clases de educación sexual
para
abraio e sorpresa nosa
abrindo
as fiestras a un mundo
excitante
e descoñecido.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluido no libro "Zocas e decibelios"
No hay comentarios:
Publicar un comentario