martes, 20 de noviembre de 2018

Obxectos máxicos


 Obxectos máxicos


A bicicleta
un animal mitolóxico
ó que había que domar
buscándolle as cóxegas ó vento
desafiando o perigo das baixadas
á velocidade límite
arriscando nas curvas
e mostrando as mancadelas
dos xeonllos coma un trofeo
de valor e  ousadía.

E o balón de coiro
co que gañar os partidos
de fútbol do domingo
imaxinando que levaba ás costas
o número 9
coma un tal Santillana.

           Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo día, como me prestou esta entrada. Lembrar os xogos da infancia... agora só ves os meniños pegados a trebellos...
Grazas por compartir.
Un saúdo da Maruxinha.

Raposo dijo...

Grazas, Maruxinha. Apertas!!