Un
día atopas os bolsos
orfos de
cromos e de pesetas
de
tigretóns e phoskitos
botas
en falta o balón dos recreos
o xogo
das bolas
e as
novelas
de
Marcial Lafuente Estefanía.
Nada
queda das tardes de aventura
da
busca de niñadas e zarrotes
o ditado, a táboa de multiplicar estrelas
e os
afluentes do Duero
que
recitabas de memoria
diante
do estrito encerado
da
primeira escola.
O río
Sil alá abaixo
perdeu
esa aura de misterio
e a
bicicleta BH para pedalear ós días
está
arrombada e oxidada
no
fondo da palleira.
Tamén
se foron os monecos de neve
os
heroes dos cómics
derrotando
ós malvados
e as
bolboretas cravadas
nos
alfinetes da inocencia.
Achas en troques
máis
engurras na faciana
alarmas
brancas entre o pelo
e os
xestos coma cansados
á
beira dun abismo.
Amólante as tarxetas bancarias case sen fondos
a
caixa do correo ateigada de publicidade
a cita
co oftalmólogo
a
comunidade de veciños, os atascos
tantas
revolucións perdidas
e o
espertar desganado da túa compañeira.
Daquela decátaste
de que
a infancia quedou xa atrás
que o
barco pirata naufragou hai moito tempo
e que
o Capitán Trueno
xamais
acudirá
a
rescatar á princesa.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
No hay comentarios:
Publicar un comentario