Soñas co mar
como cunha profecía de
antigos tempos
sóñalo mentres imaxinas
que viaxas a terras
lendarias
e praias de miúda area.
Tamén ti navegante
deixas atrás Ítaca.
Todos queremos chegar
á Illa do Tesouro
e ser Jim Hawkins
neno entre piratas rudos
heroe de barco e aventura.
Buscamos a liberdade en alta
mar
e o vento salgado na cara
ser temoneiro do destino
todo o horizonte por diante
e navegar e navegar.
E que o mar bravo non fenda
o cristal dos barómetros
que a proa enfile sempre
a rota escrita nas estrelas
a bandeira ondeando no
mastro
ron para a viaxe
e as noites ateigadas de
luar.
E chegar así
e espertar así
un amencer calquera
na praia soñada
á carón do tesouro
nunha Arcadia feliz
no medio do océano
ó abeiro das tempestades
e o vento frío do norte
e esquecer por uns intres
que fóra está o perigo
a resaca, os atascos
as alertas vermellas
moteis, adrenalina, desacougo
e quilómetros e quilómetros
de autoestrada.
Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"
3 comentarios:
Hermoso poema de ilusión de aventura. Saludos.
Fantástico!!! La isla del tesoro fue mi libro favorito cuando era joven. Me ha gustado mucho tu blog, saludos.
O mar sempre é unha boa metáfora da vida. E esa praia sempre é un destino soñado cando andamos no medio dunha tormenta no medio do océano.
É só unha das moitas leituras que ofrece o teu poema. Fermoso
Bicos
Publicar un comentario