Roubáronnos
o abrente
non
lles bastaba
co
naufraxio dunhas veas
os
berros que estalan
baixo
os uniformes
as
sebes de arames
onde
nos arrecantaron
descalzos,
case espidos
trémolos
entre xestos acusadores
e sen
máis reino
que os propios
nomes
e a
nosa pel aterecida
non,
non lles bastaba.
Tiveron
que quitarnos a suor
as
vereas, os pés do chan
o trío
de ases, a dozura
as
ilusións inxenuas dos poucos anos
cando
todo era tan lúdico
e tan
honesto
tanta
esperanza escabezada.
Tiveron
que negarnos
o lume,
o pan e o sal
tiveron
que borrar a historia
onde
aprendemos a resistir.
Agora
só nos queda o recordo
a
rabia, a sede de orgullo
para
renacer outra vez do po
atopar
as nosas pegadas
e outra
vez loitar
contra
o vento xélido
das
mesmas ameazas.
Xuntos
teremos que levantarnos de novo
xuntos
teremos que seguir na loita.
Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"
1 comentario:
Non dan descanso, non.
Que a rabia sexa o motor para movernos sen deixarnos cegos.
Removedor o teu poema
Bicos
Publicar un comentario