sábado, 17 de abril de 2021

soltar amarras

 


agora trátase de subir escaleiras

soltar amarras e enfrontarse

ás tebras co furtivismo

propio dos estranxeiros

 

as batallas perdidas deixan

un nó na boca do estómago

e cada café ten a súa historia

 

escribo coa tinta do orballo

contamínome de inquietude

tamén os cervos desconfían

dos sendeiros que saen

a campo aberto

 

a vida pasa a 24 fotogramas

por segundo

os tempos mortos

son coma unha paréntese

nos que acouga o temporal

e a poeira vaise asentando

no camiño do porvir


                      Do libro "Nas esquinas do frío"

No hay comentarios: