martes, 24 de mayo de 2011

SLOGAN

Centos de promesas, miles de mitins, millóns de carteis, descualificacións mutuas, corruptos nas listas, carrexo de votantes, sondaxes a pé de urna, sorrisos e desencanto, vencedores e vencidos. De todo o tsunami electoral quédome cun slogan do Movemento 15-M.

miércoles, 18 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

No amor
como na guerra
nunca chegamos a escoitar
o disparo que nos alcanza.
Lois Pereiro

martes, 10 de mayo de 2011

WESTER X: PAT GARRET E BILLY THE KID

Billy: “Como te sintes?
Pat : É como si os tempos houberan cambiado.
Billy: Os tempos quizais, eu non.”
------------------
Billy: “Nunca te imaxinei o lado da lei.
Pat : É unha forma de seguir vivo. Non importa en que situación estás, sempre tes razón.”
------------------
Billy: “Non fai moito tempo que a lei era eu e traballaba para Chisum. E Pat era un foraxido. A lei é unha cousa curiosa, verdade?”
------------------
Estes son algúns dos diálogos de Pat Garret e Billy The Kid, wester dirixido por Sam Peckimpah en 1973 e protagonizado por James Coburn e Kris Kristofferson nos papeis principais.
Un achegamento máis a dous personaxes míticos. O Salvaxe Oeste que respiraba a golpe de revólver esmorece, chega o ferrocarril, os negocios, os terratenentes, a civilización, os novos tempos. O progreso significa acatar unhas normas. Pat Garret enténdeo e trata de adaptarse; Billy non, por eso o enfrontamento será inevitable.
Dous vellos compañeiros que cabalgaron xuntos. Billy é un fóra de lei, un tipo incómodo o que hai que eliminar, e Pat agora sheriff de Lincoln ten o deber de perseguir e capturar o seu antigo camarada. Cando o mata en Fort Summer sabe que no fondo estase matando a si mesmo, e o prezo que ten que pagar por venderse o poder.
Wester crepuscular, peli amarga e melancólica coas sinais de identidade do mestre Peckinpah. Violencia, cámara lenta, antiheroes, perdedores, unha paisaxe agreste e dura, poeira e sucidade, todo o servicio dun dos seus temas preferidos: a amizade traizoada.
Ante un xénero (o wester) que agonizaba, o director retrata un mundo en declive, a desaparición dunha forma de vida, do latir dun territorio. “Esta é a historia dunha época, dunha lenda, non a historia de dous pistoleiros”, dixo Sam Peckinpah.
A música é de Bob Dylan que tamén actúa nun curioso e estraño papel. Bob e moi mal actor pero deixounos unha banda sonora memorable.

lunes, 2 de mayo de 2011

DESFASE TEMPORAL

Mirade si están as cousas mal por Andalucía que este ano a Feira de Abril vai en maio.

martes, 26 de abril de 2011

JAVIER KRAHE EN VIGO

Ten un certo aire a profeta desencantado. Nunca foi un superventas, nin encheu estadios de fútbol. O seu son os locais pequenos e un público fiel que o segue ano tras ano.
E un cantautor de minorías que gusta das rimas e as súas cancións din moito máis do que parecen a simple vista. Curioso, escéptico, burlón, fumador empedernido, irónico, irreverente, sagaz, Javier Krahe actúa este xoves 28 en Vigo. Haberá que velo porque....

martes, 22 de marzo de 2011

VOX VERITAS VITA

“Crían na verdade, pero só a usaban en casos de emerxencia”.
Do libro de Manuel Rivas, As chamadas perdidas.

lunes, 14 de marzo de 2011

EN BOCA PECHADA...

Non teño palabras para dar, nin sequera eso podo ofrecer.
Non vos estrañe, pois, que non marque os naipes nin saque as mans dos bolsos. Tampouco vos sorprendades si baixo a vista, si arelo as sombras, si disimulo as feridas, si me esquezo de cousas que nunca coñecín, si busco o teléfono da brétema nas Páxinas Marelas e si me refuxio a cotío no meu tobo unipersoal.
Simplemente é que camiño de puntillas pola vida e ante as portas que se pechan e os brazos que me afastan non esperedes berros nin reproches. Desde o berce do desencanto reclamo o meu dereito o silencio.
(non falo de min)

viernes, 18 de febrero de 2011

ZAPATERO VERSUS RAJOY (MATEMATICAMENTE FALANDO)

Non se pode dicir que leven vidas paralelas pero si que se moven en círculos viciosos, teñen intereses ortogonais e desempeñan cargos homólogos nos seus partidos.
Actúan con distintos parámetros, un insiste en que dous e dous son catro, e mesmo poden ser cinco a pouco que o intentemos, e o outro desde un ángulo obtuso contesta con retranca “multiplícate por cero”, nunha pelexa dialéctica sen solución de continuidade.
Intuímos que será difícil que Zapatero poida resolver a cuadratura do círculo pero ¿quen se vai fiar de Rajoy, un tipo tan acostumado a saírse pola tanxente?

lunes, 14 de febrero de 2011

SAN VALENTÍN

Non a agasallou con flores,
non lle regalou un perfume nin xoias.
Soamente a mirou os ollos e díxolle:
QUÉROTE.

martes, 25 de enero de 2011

DE CINE

Como non todo vai ser wester, hoxe vou escribir sobre o cine español. Estas son as dúas últimas películas que vin.


BALADA TRISTE DE TROMPETA:
Para algúns será unha peli redonda para outros un experimento fallido. Gustará e desgustará a partes iguais e directamente proporcionais porque Alex de la Iglesia é así: un director persoal e controvertido que non deixa indiferente.
A pesares de ter os seus altibaixos, de secuencias que non veñen a conto (o motorista voador por exemplo), de Carolina Bang (bastante limitada como actriz), pasei un rato do mais entretido na butaca.
Delirante, colorista, graciosa, alegórica, macabra, violenta, a risa que se transforma en espanto, personaxes deliberadamente esaxerados ata o absurdo e o grotesco, irreverente, inclasificable e polo tanto indefinible. Alex de la Iglesia en estado puro.



TAMBIEN LA LLUVIA:
Esperaba máis de Iciar Bollaín por ser a directora das estupendas “Flores de otro mundo” e “Te doy mis ojos”; e esperaba máis de Luís Tosar, que está ben pero lonxe das grandes interpretacións as que nos ten acostumados.
Un equipo de cine chega a Cochabamba (Bolivia) para rodar un filme sobre a figura de Cristóbal Colón e a represión dos indíxenas. O pouco estalla un conflicto pola privatización da auga que pon en perigo a finalización da rodaxe.
Cine social, de denuncia, non en van o guionista é Paúl Laverty, asiduo colaborador de Ken Loach. Dúas crónicas con 500 anos de diferencia. Antes o ouro, agora a auga. Os indíxenas loitando por sobrevivir co pouco que teñen. Enfronte a mesma brutalidade, a mesma inxustiza, sempre os mesmos no poder.
Pero a emoción non logra traspasar a pantalla, unha frialdade parece enchoupar os fotogramas, un non se acaba de crer de todo a historia que semella plana, lineal; quizais a peregrinaxe polas distintas épocas (unha película dentro doutra, cine dentro do cine) non axuda. Hai diálogos algo forzados, personaxes pouco debuxados que rematan por ser superficiais, e un final politicamente acertado pero claramente mellorable.
A película é correcta, entretén, pero saín do cine coa sensación de que se lle podía haber sacado mais partido.

jueves, 20 de enero de 2011

WESTER IX: WYATT EARP

“Canto máis unida estea a familia, mellor. Só podes confiar nela, quero que o recordedes. Nada conta tanto como o sangue. Os demais son estraños.”
Estas palabras que o rapaz Wyatt lle escoita a seu pai marcárono para sempre e foron unha constante na súa vida.
Máis alá do sonado enfrontamento en O. K. Corral contra os Clanton e os McLaurys, esta é a historia da vida de Wyatt Earp pero tamén é a historia da relevancia que teñen os vínculos familiares e como estes son fundamentais para sobrevivir nunha terra dura, salvaxe e violenta.
O cine achegouse en moitas ocasións a este persoeiro (un dos máis famosos do oeste americano) e directores como John Ford, John Sturges, Frank Perry ou George P. Comatos tamén mostraron a súa visión.
Co permiso de Eastwood, Lawrence Kasdan e Kevin Costner foron os que revitalizaron o wester nos 80 e 90. Kasdan dirixira Silverado no 85, unha boa película na que Costner fixo unha interpretación un tanto infantil e aloucada. A madurez viríalle despois, aparte deste filme, coa oscarizada Bailando con lobos e en Open Range (nas dúas como actor/director).
A pesares de que non funcionou ben na súa estrea Wyatt Earp é un wester máis que digno. A cinta mostra a un Wyatt desmitificado (incluíndo o seu descenso os infernos ata converterse en ladrón de cabalos), vingativo, déspota as veces, pero coa importancia e o valor da familia sempre presente.
Kasdan soubo rodearse dun bo elenco de actores, ademais de Costner estaban Dennis Quaid, Isabelle Rosellini, Gene Hackman, Michael Madsen... A destacar tamén a fotografía, a música e unha ambientación da época mais que notable,
Acusárona de duración excesiva. É certo, os 183 minutos poida que se fagan longos e hai partes que si se eliminan non prexudican a historia. Outros recrimináronlle ó director que non desenrolara máis o personaxe de Doc Holiday (excelente Dennis Quaid que adelgazou 20 quilos para interpretar o xogador tuberculoso, amigo dos Earp). Con todo, a min paréceme un bo filme e onte volvín a velo.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

LOTERÍA (DE NADAL)

Pois a ver si sodes agraciad@s,
e xa de paso felices festas e un bo 2011.
A viñeta é de Xosé Lois, do ano 2000.

viernes, 17 de diciembre de 2010

"SUAVE ES LA NOCHE"


Impresionaron no 81 cando foron teloneiros de Los Ramones, 30 anos despois seguen pisando forte nos escenarios do bo rock and roll.
Entre medias tiveron tempo para deixarnos 11 albumes de estudio, varios discos en directo, letras amargas e duras, son enérxico e guitarreiro, concertos nos que a banda dá o mellor de si.
Este sábado 18 de decembro a mellor banda galega de rock toca en Vigo, na sala Priveé. Aí estarei porque “No puedo dejar el rock”.

martes, 23 de noviembre de 2010

PEDERASTAS E CONDÓNS


Ó Papa debeulle prestar a visita a España porque arestora está moi activo. Nunha reunión con 150 cardeais trataron o tema da pederastia no clero (supoño que tamén falarían de como erradicala), e agora admite que o uso do condón pode estar xustificado nalgúns casos.
Vale que trate de mellorar a imaxe da igrexa pero conviña deixalo todo ben clariño, non vaia ser que os pederastas eclesiásticos supoñan que poden seguir abusando dos rapaces a condición de usar preservativos.
De tódolos xeitos por algo se empeza. O seguinte paso debería ser poñer máquinas expendedoras de “chuvasqueiros para o pito” en tódalas igrexas. Estarían a carón da pila de auga bendita. A medida sería un éxito: todo deus sabe o ben que presta un canivete despois da misa das doce.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

O PAPA E DERIVADOS


PAPA: seica é o representante de Deus na terra. Autoritario, tradicional, retrógrado, machista. Amante da pompa e do boato, afastado da realidade social. Parece pór mais interese en viaxar e na boa saúde das contas bancarias do Vaticano que en erradicar os habituais casos de pederastia no seo da igrexa. Alguén debería comentarlle que cando Xesús dixo “deixade que os nenos se acheguen a min” non era para abusar deles.
Por suposto, tanto el como a cúpula papal gustan de papalicar nas papatorias, gozan coas paparotas, e algúns amosan unha mais que sospeitosa papada.

PAPÓNS: ovelliñas fieis que seguen (o Papa) con entusiasmo, que o escoitan con devoción, que ondean bandeirolas, que berran, que devecen; que esperan horas para velo pasar, fugaz e altivo, no seu auto blindado; que comulgan con rodas de muíño (co indixestas que deben ser).

PAPAHOSTIAS: políticos que lle bailan a auga; que malgastan o diñeiro público nestas andrómenas; que miran para outro lado cando saen a relucir os trapos sucios da igrexa, os escándalos, as contradiccións; que lle bican a man (o Papa) con moito fervor.

E despois estamos nós: que soportamos o Papa, que convivimos cos papóns, que sufrimos estoicamente ós papahostias. A verdade é que non sei como cualificarnos.

jueves, 4 de noviembre de 2010

RAÍCES DO PASADO VI: HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ


Aproveitando que estes días estase a celebrar o centenario do seu nacemento vou deixar na cova un poema que escribín na miña época estudiantil. Daquela estaba en terceiro de BUP ou COU, non lembro ben, e nos ratos libres nos que non xogaba o futbolín ía a biblioteca a ler versos de Miguel Hernández, García Lorca, Machado, Borges, Neruda... Os de Miguel Hernández debéronme impactar especialmente porque despois de rematar El rayo que no cesa escribinlle este poema.

HOMENAJE A MIGUEL HERNÁNDEZ
Jugabas a ser pastor de Orihuela,
a ser nube no enmudecida por el viento,
a correr entre peñascos y matorrales.
¿Te acuerdas?
Te agarraste a la luz roja de la aurora
y volaste alto, muy alto;
cruzaste un horizonte de guerras,
odios y desdichas,
y alzaste tu voz,
tu voz de hombre.
Te alzaste sobre un pisoteado mundo
de hienas siempre al acecho,
de ojos al miedo enfrentados.
Tus palabras rompieron el silencio
y entre collados y arroyos
todavía resuena el eco.
Te alzaste como un estandarte
de hondas raíces
entre campos y trincheras.
Tu voz de trigo
y de lluvia
y de lunas
y de tierra
se dejó oír sobre una España herida
y gritaste a pecho descubierto.
EL RAYO QUE NO CESA no ha cesado
y sigue indeleble por el mundo.
EL NIÑO YUNTERO sigue arando
entre polvo y lágrimas con su yunta.
Miguel, surco de sangre,
el barro te revive.
Miguel, tu te has ido,
pero nos quedan tus versos,
tus versos eternos.
EL VIENTO DEL PUEBLO nos sigue
trayendo tu eco.

sábado, 30 de octubre de 2010

MIGUEL, O RAIO QUE NON CESA

Seica os antigos gregos pensaban que os deuses tiñan envexa dos mais grandes e que por eso chamábanos cedo o seu carón. Pero eu non creo que a chamada dos deuses tivese algo que ver na prematura morte de Miguel Hernández. Foron, mais ben, os cárceres tenebrosos dunha España brutal e desapiadada os que pouco a pouco minguaron a saúde e o final esgotaron a vida do poeta con só 31 anos. Antes, na parede da prisión, escribiu:
“Adiós hermanos, camaradas, amigos:
despedidme del sol y de los trigos”.
Naceu en Orihuela en 1910. Cabreiro na infancia poucos podían imaxinar que chegaría a ser poeta da terra e do pobo, perito en lúas, raio que non cesa.
Pese a súa corta vida está considerado un dos mellores poetas españois do século XX. Hoxe cúmprense 100 anos do seu nacemento.

VIENTOS DEL PUEBLO ME LLEVAN
Vientos del pueblo me llevan,
vientos del pueblo me arrastran,
me esparcen el corazón
y me aventan la garganta.

Los bueyes doblan la frente,
imponentemente mansa,
delante de los castigos;
los leones la levantan
y al mismo tiempo castigan
con su clamorosa zarpa.

No soy de un pueblo de bueyes
que soy de un pueblo que embargan
yacimientos de leones,
desfiladeros de águilas
y cordilleras de toros
con el orgullo en el asta.
Nunca medraron los bueyes
en los páramos de España.

¿Quién habló de echar un yugo
sobre el cuello de esta raza?
¿Quién ha puesto al huracán
jamás ni yugos ni trabas,
ni quién al rayo detuvo
prisionero en una jaula?

Asturianos de braveza,
vascos de piedra blindada,
valencianos de alegría
y castellanos de alma,
labrados como la tierra
y airosos como las alas;
andaluces de relámpagos,
nacidos entre guitarras
y forjados en los yunques
torrenciales de las lágrimas;
extremeños de centeno,
gallegos de lluvia y calma,
catalanes de firmeza,
aragoneses de casta,
murcianos de dinamita
frutalmente propagada,
leoneses, navarros, dueños
del hambre, el sudor y el hacha,
reyes de la minería,
señores de la labranza,
hombres que entre las raíces,
como raíces gallardas,
vais de la vida a la muerte,
vais de la nada a la nada.
Yugos os quieren poner
gentes de la hierba mala,
yugos que habéis de dejar
rotos sobre sus espaldas.

Crepúsculo de los bueyes
está despuntando el alba.
Los bueyes mueren vestidos
de humildad y olor de cuadra,
las águilas, los leones
y los toros de arrogancia,
y detrás de ellos el cielo
ni se enturbia ni se acaba.
La agonía de los bueyes
tiene pequeña la cara,
la del animal varón
toda la creación agranda.

Si me muero que me muera
con la cabeza muy alta.
Muerto y veinte veces muerto,
la boca contra la grama,
tendré apretados los dientes
y decidida la barba.

Cantando espero a la muerte
que hay ruiseñores que cantan
encima de los fusiles
y en medio de las batallas.
Miguel Hernández (Viento del pueblo)

Banda sonora: Para la libertad (Serrat/Miguel Hernández)

martes, 19 de octubre de 2010

NON Ó SECUESTRO EXPRÉS


Secuéstrame pero con unha condición: que me reteas indefinidamente mentres non se efectúe o pago. Eu xa avisei a familia para que baixo ningún concepto entreguen o rescate e tamén teño entendido que o síndrome de Estocolmo as veces funciona o revés.

sábado, 9 de octubre de 2010

AZNAR VERSUS ZAPATERO

Unha prestixiosa revista política estadounidense, Foreign Policy, cualificou a Aznar como un dos 5 peores expresidentes do mundo. Xunto a el está tamén o alemán Gerard Schröder e expresidentes de Nixeria, Filipinas e Tailandia.
Por fin alguén valora como se merece a traxectoria política deste homiño de estado.

Crises, paro, reforma laboral, folga xeral, primarias en Madrid: Zapatero é tan de esquerdas que ultimamente non dá unha “a dereitas”.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

COUSAS VEREDES...

Nas miñas saídas sendeiristas de fin de semana atopas de cando en vez cousas curiosas. Velaquí algunhas:


En Castro Laboreiro (Portugal) poñen velas nos carreiros, non sei si para espantar os meigallos ou para alumear os transeúntes nocturnos.


Na Peroxa (Ourense) hai poetas rurais que fan publicidade das fontes. Conviña algunha indicación mais porque eu a fonte non a atopei.



E en Vilar (Folgoso do Caurel) o Xan fai as recomendacións pertinentes os visitantes coa ortografía propia do lugar.