lunes, 25 de diciembre de 2006

MANUAL DE INSTRUCCIÓNS PARA O SÁBADO NOITE

Asomarse á noite con anseios ocultos.
Busca-lo neon e ós colegas
polas esquinas de sempre.
Sen pausa percorre-los pubs
deixando ca bebida esvare
nas gorxas ousadas e feiticeiras.
Estreitar mans, facer amigos, sorrir
falar de cousas sen senso,
ser conquistador entre as rapazas,
ser filósofo na porta do retrete.
Cuspir contra a oficina do Banco Pastor
e sentirse satisfeito.
Berrarlle os escaparates
que venden mellor e máis barato,
e despois fuxir do acoso
das fiestras alumeadas.
Camiñar ledo e sen vergoña
e cambalear de cando en vez.
E máis tarde coa présa
do amencer sobre as costas,
cando xa toquen fondo diñeiro e tabaco,
cando o cansazo suba polas pernas
e navegue polos ollos,
cando a luz dea vertixe
e o centro de gravidade non exista,
acercarse ó derradeiro pub aberto
para seguir bebendo o necesario alcohol
que faga realidade o naufraxio
dun sábado calquera pola noite.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A RAFA:
Grazas por as túas palabras. A min tamén me gusta percorrer as túas praias. Nesta época de hipocresía, de consumismo, de loucura colectiva, neste barullo de centros comerciais e caixeiros automáticos un agradece atopar un sitio solitario, de area morna e mar en calma.
Saúdos e que o 2007 permita que sigan existinto esas praias abandoadas nas que poder refuxiarse de cando en vez.
Unha aperta.

Torreira dijo...

Atopo a cova cunha manchea de poemas dentro e salgo dela con restos de tabaco nos beizos misturados cun ron no medio da noite.
Continua raposo que isto promete

Raposo dijo...

A TORREIRA:
Grazas polo teu comentario. Seguirémonos vendo na rede mentres non nos atopemos nun bar e compartamos un ron. O meu que sexa Habana 7, se pode ser.

X dijo...

E chegar á cama sen saber quen chega vencido polo cansazo e non ter que pensar, un sábado máis en NADA.

Zeltia dijo...

mira tí, tres anos xa.
e a botella de habana7 segue no mesmo andar nos mesmos pubs...
cambiaches tí de barra, ou segues filosofando nas portas dos retretes?