Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
sábado, 16 de diciembre de 2006
ONDE SE ENXERGA A CHOIVA
Onde o desexo é un río a calquera parte,
onde se enxerga a choiva a cidade
era unha patria que navegabamos
descalzos, sen présas, contra o vento,
mentres absurdos sentinelas de alcatrán
espreitaban os nosos antigos soños
por riba da apoucada luz dos abrentes.
E puidemos facer maxia na súa xeometría,
tece-los bicos á beira da lei,
no bosque de antenas parabólicas,
na demora ritual diante do semáforo
mentres a radio esparexe un “country”
e Dolly Parton lévanos ás pradeiras.
Ser felices entre tanta néboa
e sen embargo ...
Algún día iraste, dixéchesme,
e souben que eramos corazóns sen rumbo
ó final dunha rúa sen nome.
Onde se enxerga a choiva que mergullou
o que un día non lonxano foi noso
só quedan agora lembranzas da treboada,
tristes pingueiras nos mármores das terrazas,
fotocopias de bicos adurmiñados,
cinxidos a teimosa soidade dos náufragos,
e molladas cabinas de teléfono
desde as que nunca chamaches.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E sucederon cousas mais teimamos doridos naquelas que desexamos e xa para sempre non han ser.
Grazas, anónimo, polos teus comentarios.
Volve por aquí cando queiras.
Publicar un comentario