lunes, 1 de enero de 2007

BALANCE PROVISIONAL

"En cada instante la clepsidra deja caer la última gota".
Doomsday. Jorge Luis Borges


Agora que sinto o peito
burbullando de paixón,
que podo berrar sen medo
a que rachen as estrelas,
que a conta bancaria bota fume
polas fendas dos caixeiros,
que aínda teño resaca,
trala trasfega da noite,
mais tamén propósito de enmenda;
agora que busco a liberdade
que nos negaron os mitos,
as axencias de viaxe,
a Coca-Cola e a televisión;
agora que atopei
un CD perdido de Milladoiro;
agora que ata a miña pel cansada
chegou o recendo a marusía;
agora que xa teño risa, fe, orgullo,
un feixe de raíces célticas,
sentimentos sen segredos,
un latexo que ven de moi lonxe
e algunhas outras ilusións;
agora, hoxe, a primeiros de ano,
tento que o meu saldo sexa positivo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

gustame esta cova! por fin un lugar para recollerse da ferinte luz do sol para os perdedores e debiles. pasarei por aqui habitualmente...

paideleo dijo...

Leis de Murphy

O que pode ir mal, irá mal.

O celibato non é herditario.

A beleza está só na pel, a fealdade chega ó óso.

Nunca discutas cun parvo, a xente pode non decatarse da diferenza.

Os amigos veñen e van pero os inimigos acumúlanse.

A outra ringleira vai máis rápida.

Calquera cousa que intentes amañar tardará máis e será máis cara do que pensabas.

As posibilidades de que caia unha rebanda de pan polo lado untado de mantequilla é directamente proporcional ó custo da moqueta.

Nunca te deites cun màis tolo ca ti.

O técnico de reparación seguro que nunca viu antes un modelo de electrodoméstico coma o teu.

O atallo é a distancia máis longa entre dous puntos.

Todo o bo nesta vida é ilegal, inmoral ou engorda.

A luz ó fundo do túnel é a luz dianteira dun tren.

Regra dourada: quen teña o ouro fará as regras.

Para conseguir un empréstimo primeiro debes demostrar que non o necesitas.

Murphy era un optimista.

Anónimo dijo...

Pois que non se perda ese entusiasmo poético.

Indómita dijo...

Grazas por ter visitado o meu blog e así permitirme entrar no teu. Ten moi boa pinta o que recolles nel así que voltarei. Un saudiño

Anónimo dijo...

A XURXO: Grazas pola visita. Pasa outra vez cando queiras que aquí estarei.
A PAIDELEO: Graciñas polas leis de Murphy. Si, era un optimista, ou sexa un pesimista ben informado.
A NAUFRAGO: Tentarei non perder ese entusiasmo, tentareino.
A INDOMITA: Benvida e tes as portas da cova abertas por si regresas.

X dijo...

Gustoume moito o link á clepsidra e non viña mal algo de aire positivo despois dos últimos post (vou lendo en orde cronolóxica o seu blog).

Raposo dijo...

X: que máis quixera eu que escribir sobre a alegría e a fermosura da vida máis a realidade non da para outros versos.
De tódolos xeitos, góstame escribir sobre os perdedores, os fillos da derrota, os que camiñan sobre o gume do coitelo, porque sobre os outros,os vencedores, os triunfitos, os famosos, xa se escribe dabondo e teñen os medios de comunicación (TV, radio, etc.) o seu carón.
E ademais vostede xa sabe (e repito o que dixen nun anterior comentario) que o pesimista é un optimista ben informado.