viernes, 9 de febrero de 2007

ALGO ESGAZA NA ALMA CANDO O BAR DUN AMIGO PECHA


“Donde se cruzan los caminos,
donde es tan fácil ser feliz,
donde siempre hay un amigo
que te invita a sonreir.
Hablo del BAR MODERNO:
Imaginar o morir”.


Hai lugares máxicos, dominados por unha estraña forza, onde nos sentimos transgresores e festivos contra un tempo sombrío, un refuxio para prenderlle lume a noite e as nosas loucuras.
O ser humano está feito para comunicarse; o bar é idóneo para eso. O BAR MODERNO cumpriu esa misión. Foi un antídoto contra a soidade e o desamparo. Por eso agora digo MODERNO e digo vento fresco, ilusión, amizade, cariño, vida.
Aí quedan os inesquecibles recordos dos partidos de fútbol na tele; as cañas de cervexa; o sorriso de Toño detrás da barra como unha forma de amainar as treboadas; as partidas de xadrez, póquer, chinchón; tertulias poéticas, discusións políticas; o Cociñeiro poñéndolle música a poemas de Jose; Francisca Gurbindo ensinándome un dia non sei que leria do latín mentres eu buscaba nos seus ollos a tenrura que máis tarde atopeille nos beizos; Aquilinín e a súa copa de Soberano; o meu cubata de Bitter Kas con xenebra; o periódico de La Nueva España; os delicados pinchos que preparaba Luz Marina; e , por suposto, esa fauna persoal e intransferible de clientes do bar co madeireiro de Santa Eugenia o fronte.
Era o sancta sanctorum, a aposta que xamais fallaba, a equis despegada da ecuación, un estoxo no que atopar os camaradas, un terreo onde os de fóra nunca nos sentimos forasteiros, o centro da Villa, a redención do desacougo, o camiño dunha especie de liberdade despois do solpor. Agora chegarei a Villaviciosa e xa non saberei onde ir.

* Na foto tafures do bar Moderno en plena acción, o do pito son eu. Eran outros tempos.

15 comentarios:

X dijo...

Sempre queremos que os demais continúen inmóbiles onde nós os deixamos para que non deixen de ser noso referente.

Marinha de Allegue dijo...

Respetar e asumir os cambios alleos é un exercício complicado ás veces, máis temos que facelo ben.

Unha aperta grande.
;)

OSIÁN dijo...

Da mesma maneira que imos desbrozando novos vieiros outros desaparecen comidos pola selva. É así reconstruimos cada día novos camiños que nos obrigan a descubrir outros lugares fermosos que de outra maneira pasariannos desapercibidos.
Unha aperta

paideleo dijo...

Lémbrasme a min naqueles tempos remotos de Ducados e tute ou julepe...

Anónimo dijo...

Eu moitas veces tamen sinto como o debalar do tempo me sume nunha soidade iracunda, é como un afogamento do que non das saido e pensas como din que todo tempo pasado foi mellor... mais como diria a alberti:
"aunque tú no lo sabes, nos queda todavía,en medio de esta heroica pena bombardeada, la fe, que es alegría, alegría, alegría."
(versos de a niebla mi perro)

Moralla dijo...

Ola bichiño! encantáronme as verbas que escribiches no meu post sobre os animais. Nótase que es un deles. A seguir combatendo dende as entrañas!! e nós contigo!!
un bico de Yoli

moucho branco dijo...

Moi certo, eu sentín moito a pecha dun co que se levaron parte da miña adolescencia... que mágoa.

Raposo dijo...

Vivimos de referentes ,X, e un bar poder ser ton bo como calquer outro pero como di Marinha de Allegue hai que ir asumindo os cambios, e aproveitar e disfrutar dos novos camiños que se abren, claro que si Brais.
Paideleo: ó julepe e ó subastado aínda lle sigo pegando algún fin de semana na aldea.
Grazas por citar a Alberti, Xurxocimadevila, un dos meus poetas preferidos.
Seguimos combatindo, Yoli, porque como dicía Celaya (hoxe parece que esto vai de citas)"maldigo la poesía de los que no toman partido, partido hasta mancharse".
Moucho branco: pois xa temos algo en común. E o gusto polo rock, Leño, Barón Rojo, tamén.
Unha aperta a todos-as.

Anónimo dijo...

Que non te poida a nostalxia.

Zebedeo dijo...

Os bares que temos de man pasanse a convertir nas nosas segundas casas.

Arale Norimaki dijo...

Malía ter sofrido xa case media ducia de peches, non me dou curtido, caéme o alma aos pés cando desaparecen os meus recunchos. Pero como di o Brais, se cadra agora aparecerán novos lugares fermosos...

Lúa dijo...

...iso é coma o triple 6 ou o patachim na Corunha...

ElSenhor dijo...

Pues tienes mas razon que un santo mi zorruno amigo, pero la vida sigue.
Hay otros lugares que descubrir.
SalU2 ...

Raposo dijo...

As veces un chisco de nostalxia non ben mal, naúfrago.
Zebedeo, o bar do que falo foi como a miña segunda casa ou case como a primeira, pero efectivamente a vida segue e outros chigres aparecerán nos que sentirse a gusto.
Grazas pola visita a tod@s.

Anónimo dijo...

Creo comprender que a túa residencia actual é na villa, pero os teus referentes teñen moita forza, o meu domicilio actual non esta lonxe da villa.
Unha aperta