jueves, 26 de abril de 2007

¡ESTES POLÍTICOS!


Pode que algúns desexen que os dirixentes políticos sexan perfectos, xustos, traballadores, intachables, sen un anaco de torpeza ou mediocridade, con unha especie de microprocesador no cerebro que lles libre de todo pecado, de todo erro, de todo mal. Eu non.
Eu quero que os políticos sigan tendo unha faceta íntima, escura e profunda, e pillalos de cando en vez facendo trasnadas:
A Clinton tocando o saxofón o en libidinosas actitudes de sexo oral no despacho oval da Casa Branca.
A Yeltsin agarrado a unha botella de vodka dando traspés.
A Aznar en pixama recortándose o bigote ou falando das armas de destrucción masiva de Iraq en catalán e na intimidade.
A Esperanza Aguirre ensaiando espida na soidade do seu cuarto mentres reduce a lista da compra para poder chegar a fin de mes.
A Paul Wolfowitz, presidente do fondo monetario internacional, zurcindo calcetíns sen parar.
A Zapatero entrando camuflado nos chigres e cantinas para informarse do prezo do café.
A Zaplana na sala de raios UVA recoñecendo publicamente unha vez mais que se meteu en política para forrarse.
A Rajoy soñando con hilillos de plastilina.
A Acebes contratando moreas de electricistas para empalmar algún tipo de conexión entre Eta e o atentado do 11-M.
Eu quero que os políticos sexan torpes, vaidosos, presumidos, tercos, subornables, suxeitos a dúbida ou vacilación, que choren, que mintan, que se engurren, que cheiren a coño e a tabaco, que se dobren polo peso do instinto, dos días e da verdade. Que sexan en definitiva humanos. Como ti, amig@ lector-a. Como eu. Como tod@s.

22 comentarios:

iceberg981 dijo...

humáns sí, ... pero honrados tamén. E desos, moi poucos. E sabes porqué, porque son os primeiros en incumplir as leis que eles mesmos fan e aproban.

Moi bo o blog.

Anónimo dijo...

humáns xa son, o que tenhen que deixar case todos é un unico vicio: a demagoxia. e aprender un novo: a humildade.
Un saúdo

TeRMi dijo...

Pois eu quero sexan o máis perfectos posibles, que erren o máis mínimo, que sexan honrados, que se preocupen por nós, que sexan nós, non unha elite que nos mira por riba e só lle preocpamos cando hai eleccións...

Xa, xa, pido moito pero é o que ten ser exixente con certas cousas.

Saúdos
----------------------------------
Publicado por: TeRMi http://arrosconchicharos.bitacoras.com

TeRMi dijo...

Iso de "o máis mínimo" quedou un pouco raro, non?

----------------------------------
Publicado por: TeRMi http://arrosconchicharos.bitacoras.com

Anónimo dijo...

Eu confío na honradez de algún político pero moitos están a un paso de converterse en contertulios dos programas de corazón - lixo con que nos machacan as televisións.

moucho branco dijo...

Polo que a min respecta poden cheirar ao que queiran, dende logo... pero segúndo a que cheiren prefiro non telos así moi ao lado...

Torreira dijo...

apoio a emoción raposo

Torreira dijo...

a emoción tamén pero preferia apoiar a túa moción R

OSIÁN dijo...

Os políticos como calquer outro estamento social son froito dos valores da sociedade na que desenvolven a súa actividade. Os políticos non nacen por xeneración espontánea son parte de todos nos. Representan o que en realidade é a sociedade na que surxen. O que vou decir vai soar moi duro, pero as sociedades latinas(España, Italia maiormente en Europa) rixense por conductas fraudolentas, cheas de picaresca. Actitudes de políticos como as que se ven aquí son impensables noutras latitudes, simplemente porque o conxunto da sociedade ten outros valores.
Un saúdo

Anónimo dijo...

E eu que pasaba por esta cova pensando meditar a carón das túas verbas. Hoxe non foi así...farteime de rir, algo semellante ó que se sinte cando rematas de ler a sección de economía dalgún xornal(porque non che queda máis remedio) e gardas a viñeta para o final(cando é boa), para marchar cun soriso nos beizos. Moi bo.

Un bico, aínda sigo rindo.

Nota:O único que ensombrece esta páxina é a merda esa de palabriña que tes que escribir, eu non sei se o anti spam ese me ten manía, ou será que últimamente ando algo curta de vista non sei que raios lle pasa, pero sempre me obriga a escribir o mesmo conto un par de veces, espero non ter que repetir unha terceira.

Zebedeo dijo...

Por eso si se presentara eu votaría a Filemón Pi. No tiene un pelo de tonto (bueno, si, dous) :)

Anónimo dijo...

Fai uns anos(coido que tres) en Suecia un ministro (non lembro o seu nome) dimiteu só por que houbo un desfalco de 1500 euros nunha oficina dese ministerio.
Aquí fai falla como 300 millóns de euros, aínda así non creo que dimita. É a diferencia entre un país avanzado na ética e outro cheo de canívales-políticos.
Se poñemos o ventilador a toda marcha arredor de moitos deles, comeza axiña un fedor á merda que é insoportable.

Raposo dijo...

NOTA ACLARATORIA:
Por suposto que me gustaría que os políticos fosen o mais perfectos posible, traballadores, honrados, xustos. Pero a realidade é outra.
En calquer caste ou grupo social hai un tanto por cento de maleantes, vividores, hipócritas, chourizos, sinvergonzas, mentireiros, aproveitados, amantes do diñeiro, corruptos ... A caste política non é unha excepción. Polo tanto non é de extrañar que surxan Acebes e Zaplanas. Sencillamente forman parte da lei de probabilidades. Para un político honesto hai dez mangantes.
Este post que está feito nun tono irónico-humorístico (polo menos eso tentei)pretende reflexar esta realidade.
O día que todos os políticos sexan perfectos e cumplan tódalas promesas electorais haberá que empezar a preocuparse: o mellor son robots feitos en China ou na India (por aquelo da man de obra barata), ou unha especie de replicantes por usar a terminoloxia de Blade Runner.
Mentres tanto resignémonos co que temos. ¡Vaia tropa!

Raposo dijo...

Ten razón, Xurxo, failles falta moita humildade.
Coincido co que di Brais, eu non podría expresalo mellor.
Agradezco a paciencia de Marta Fernandez para deixar os comentarios; espero poder recompensarllo algún día (cunha subsecretaría,por exemplo).
E a Mortadelo de portavoz parlamentario, Zebedeo.
Suecia lévanos a dianteira en moitas cousas; en ética política tamén, Sarampelo.
Agradezco a moción-emoción de Torreira; o desexo desenganado de Spidy; a superesixencia de Termi (mágoa que non se cumpla); a liberdade odorífera de Moucho Branco; e a perspicacia televisiva de A Randeeira.

Anónimo dijo...

Pois si eso é o que queres, eso é o que tés, nin mais nin menos.
Eu,o que quería era vivir nunha praia abandoada.
Saúdos, Raposo.

franetico dijo...

de entre todos los políticos yo me quedo con Fidel Castro explicando durante horas el sobrecumplimiento en la zafra desde un televisor soviético en un cuarto de la Habana con ventilador de techo a las cinco de la tarde de un verano tormentoso.Infinitamente mejor que el Tour y Roland Garros juntos

Ra dijo...

Así se habla, Raposo...de lo contrario el día a día perdería las vitaminas del jugo.
Tropezando, que es gerundio ;)
Besote

Son Unha Xoaniña dijo...

Agora si que diches no cravo Brais,
somos nos, Todos, os que facemos aos políticos. Por que os políticos saen de entre nos, da sociedade, e polo tanto son como a sociedade na que viven.
O que tamén é certo, é que a sociedade podémola cambiar, desde a sociedade misma non desde a política.
É difícil, xa o sei, pero non imposible, algúns metémonos en política pensando nese outro tipo de sociedade que xa vai atisbando, e que co esforzo de todos chegará non?
Eso espero. Un saudiño.

Anónimo dijo...

Un bo exercicio de autoretranca, eu tamén quero todo iso pero só nas pelis e na literatura a poder ser, na vida real esixo o político perfecto para poder ter un cuarto de político cun 10% de perfección (e xa pido de máis, non?)

Se atopa un momento gustaríame que se pasase pola miña consulta, unha invitación agarda por vostede, se ten a ben.

Anónimo dijo...

A case todos os españois pediasenos un certificado de boa conducta para unha morea de cousas...¿por qué non se lles esixe aos politicos?...Por suposto tería que darllo o pobo.

Raposo dijo...

Unha praia abandonada e moi boa alternativa, Rafael. Apúntome.
Por suposto, Franético, Fidel e insuperable; sobre todo no que atingue as maratóns dialécticas.
Algúns tropezan de mais, Ra, e coa mesma pedra.
Chegará, chegará, e coido que axiña, Rifo.
Pasarei pola sua consulta, doutora seymour, e espero que me atendan mellor que na Seguridade Social.
Pepe Penas: podía ser unha solución pero ¿cántos o merecen?

Ninsesabe dijo...

A fin de contas os políticos son o reflexo da sociedade na que viven. Dijo eu. ¿Ou non?