sábado, 29 de septiembre de 2007

TREBOADA


Cando baixou do coche quedei pensando que me quixera dicir con esas palabras. Soaban a reproche. Estaba enrabechada, deso xa me decatara, pero non sabía porqué. A noite fora ben. Recollina na casa como lle prometera; cheguei puntual, eso encantáballe; pola mañá limpara o interior do Clío e puxen música de Amaral (a ela gústalle). Na cea estivo contenta, animada, faladora, rimos moito, fixemos plans de vacacións (Grecia, Turquía, algo por esa zona). Despois achegámonos a seu pub preferido. “Estouno pasando moi ben”, dixo e bicoume sorrindo. E mais tarde o silencio, a friaxe, o xesto sombrío, unha nubosidade teimuda na mirada, e despois o final esas palabras. Non sei. Cada vez entendo menos as mulleres.

30 comentarios:

vermella dijo...

as mulleres non somos máis complicadas que vós,o que pasa é que vai frío, as copas,o sono...
ou é que dixeches algo que mellor non ter dito? jeje!
saúdos.

Mararía dijo...

Si lle fixeras o amor seguro que estaba máis contenta e feliz. A moitas mulleres calquera cousa nos deixa a autoestima polo chan.

Tes que dicirlle que a amar por riba de tódalas cousas, home.

Un saúdo. Unha historia moi bonita.

Pau dijo...

A verdade que si son complicadas de entender, mais eu non podería vivir sin ela.

Marinha de Allegue dijo...

Se cadra despois de máis días e máis noites mudan as cousas. A comprensión leva tempo...

Unha aperta.
;)

A Conxurada dijo...

Ás veces, el di ou fai algo, e eu moléstome, e continúo a me molestar a medida de que me dou conta de que el non se decata, e cando penso que xa non me podo molestar máis vai e di: ás mulleres non hai que nas entenda.

Jeje, gustoume moito o relato, ademais precisamente onte eu vivino, pero dende o outro lado.

O problema das mulleres é que pensamos moito, o problema dos homes, ás veces, é a falta de intuición.

Bicos

Fada Branca dijo...

Eu no creo que as mulleres sexamos mais complicadas cos homes, cada un eo a súa maneira. Puedo ser un xesto unha palabra o que fixo mudar as cousas.

paideleo dijo...

Non che diría o típico: Teño que dicirche unha cousa importante ??.
A min tamén me pasou e tamén pensei que non hai quen entenda ás mulleres.
Enfin, ogallá que non sexa mui grave.

Zerovacas dijo...

Eu hai moitas cousas que non entendo, pero supoño que nós non somos mellores nese sentido. Pode que sexamos un pouco máis simples e transparentes, pero ás veces non nos enteramos de nada. Ese tamén é un problema

busto.agolada dijo...

O relato é interesante, dos que gustan. Poucas liñas e moito contido.
A historia eterna da comprensión mutua entre os sexos. Pola miña banda peco desa falta de intuición que apunta "a conxurada". Deberiamos poñernos sempre un no papel do outro.
Saúdos

Ra dijo...

Sé de buena tinta que no hay manual de usuario... y que tampoco merecería la pena seguir las instrucciones (se aseguró de no llevar calcetines blancos?)
Raposo, me deja intrigada con el leitmotiv...Bicos

Anónimo dijo...

Agora que ninguén nos escoita, direille que unha vez soñei que facía unha teoría científica que explicaba ás mulleres. Cando espertei tnetei escribila en papel pero xa non fun capaz, e quedei como creo que estamos todos: á mercede de improvisar tódolos dias e tratar de compensar con maravillas o que ( moitas veces sin saber exactamente qué) facemos mal outros.

Son Unha Xoaniña dijo...

Eu opino como A Conxurada, paréceme que leva moita razón no que di.
Se cadra vas ter que afiar un pouco a intuición, ou escoitar o que non se di...
un saudiño.

Alexan dijo...

Fixeche todo por ela, pero iso non chega, hai que compartilo con ela.
Unha aperta

Raposo dijo...

Vermella, Pau, Fada branca, Paideleo, Zerovacas, Busto.agolada: Tanto as mulleres como os homes somos complicados dabondo, elas non mais ca nós, que conste.
Silvana, Apátrida: Tomo nota das suxerencias.
Marinha de allegue: si, leva tempo e o tempo é unha das cousas que case sempre sobra.
A Conxurada, Rifo i de zeuquirne: Dacordo con vostedes, fáltanos intuicion, polo menos no meu caso.
Ra: Mecágina, a ver se vai ser polos putos calcetíns.
F. Miguez: Unha mágoa que se esquecera desa teoría, digna do Premio Nobel, dígollo eu.

Mararía dijo...

A ver, raposo, que xa me estás tardando, ¿estás a facer unha tese sobre o asunto?. Conta, conta .... en qué rematou a cousa.

Advírtoche que eu son moi curiosa, bueno, máis ben cotilla.

Un saúdo. ;D

Raposo dijo...

Silvana: de momento a cousa está en stand by.
Seguiremos informando.
Bicos.

Ana Bande dijo...

Estou sorprendida da cantidade de consellos que lle dan, non me queda xa nada que dicir pero que conste que o dos calcetíns é unha das teorías nas que máis acredito. E tamén quedo á espera do final feliz.

Anónimo dijo...

E preguntoulle o porque? ás veces a cousa é así de simple.
Está ben, simple, simple, non... preguntoulle varias veces o porque? insisto no de varias veces...

Anónimo dijo...

Algún xesto, algunha palabra, quizais a mirada.A verdade que algunhas veces me pasou na miña xuventude. Todo se arraxa home, pode ser con outra palabra, cun xesto ou cunha mirada. As mulleres sonche máis intuitivas que nós.

torredebabel dijo...

é que ás mulleres non nos hai que entender senon só querer. Esa é a clave.

A lareira de Santiso dijo...

Un xesto externo pode ensombrecer un momento fermoso. Moitas veces nin quen se torna triste sabe explicalo, e esa é tamén unha razón para enrabecharse. A min amólame saber por que non podo estar algunhas veces que todo parece perfecto. Se cadra, a ela pásalle o mesmo.
Un "quéroche" a tempo amaña moitas cousas

rosa enriquez dijo...

Ao mellor percatouse de que preparaches todo para ela e o que desexa e que ti sintas con ela o chulo que é todo ese proceso... Ao mellor algunha frase por aí na que non reparas... Realmente estou intrigada¡ Que sería o que pasou? Deséxolle moita sorte e pericia Raposo¡¡¡ Bicos:)

Anónimo dijo...

"Mujeres Fatal" Amigo raposo..
Ainda q soa típico e topico o que direi, digo que as mulleres son esa droga sen a que non podes vivir unha vez q te namoras. para solucionar os malos efectos so hai unha receta (creo eu) abrirse, ser transparente.
Animo!

Unknown dijo...

Creo que as veces pode ser un xeito de facer crecer o interese y a curiosidade, xa sabes o topico de "a ver si vai a pensar que son unha chica facil"...
tamen coincido coa torredebabel non hay que entendelas, hay que amalas y sobre todo o mais importante nesas situacions é conseguir arrincar coma sexa un sorriso y todo comeza a fluir de novo coa maior suavidade. sorte y mantennos informados que esto do tomate vende moito xa ves, unha aperta

Raposo dijo...

Grazas a todos e a todas polas suxerencias e consellos que, sen dúbida, me virán ben para o futuro.
O comentario de extraño diume unha idea: a continuación da historia non a vou poñer no blog, vou a ver se lla vendo en superexclusiva a Tele 5, je je!
Apertas.

R. A. dijo...

A min este pequeno conto gustoume moito. Dun xeito moi sinxelo retratas moi ben esa sensación do protagonista, que todos tivemos algunha vez. Pode que nin tan sequera ela dixera reproche algún, pode que a suspicacia del fose o problema. Mais o caso é que síntese perdido e dalle voltas a cabeza, e...
Interesante relato, sí señor.

Anónimo dijo...

Grazas por esas verbas, Ricardo arias.

Torreira dijo...

Gostei,gostei do texto raposo...seguro que sabes porque foi,mais,esa incertidume séntalle moi ben as verbas.Apertas pa

Anónimo dijo...

"Cando baixou do coche quedei pensando que me quixera dicir con esas palabras"
"...e despois o final esas palabras."

¿Que palabras?
¿Que foi o que dixo?
¿Ou iso non ten a máis mínima importancia?

Raposo dijo...

Apertas sen incertidume, Torreira.
Rafael Reyes: tena, pero esas palabras son secreto do sumario.