viernes, 12 de octubre de 2007

DE ISABEL E FERNANDO


Cincocentos e pico anos son demasiados para no recoñecer os nosos erros. Que houbo e hai unha terra esmagada, séculos de inxustiza e desamparo, uns pobos masacrados polo imperio, unhas culturas esnaquizadas.
Barbudos homes do leste, intocables deuses a cabalo e armadura coas mans manchadas de sangue, e santos misioneiros vendendo a Deus a golpe de látego e espada, no nome do Pai e do Fillo e do reino de Castela e León, fixeron o xenocidio.
Cincocentos e pico anos son demasiado poucos para esquecer tanta agonía, tanto abuso de poder, tanta longa noite de pedra e opresión.
E aquí, neste lado do Atlántico, comprensión para Vídela, Pinochet, Stroessner e tantos outros; sorrisos e chanzos burlescos para o xersei de Evo Morales; e que viva o 92 e que son irmáns nosos; e a festa da Hispanidade e o carallo 29; e todo moi fermoso e os lazos comúns (me cago nos lazos comúns) e a historia dos vencedores (me cago na historia dos vencedores) made in Reis Católicos.
Cincocentos anos quizais sexan demasiados pero na cara indíxena aínda no se borraron as cicatrices.
.
.
*Seguindo as indicacións do guía espiritual de occidente, hoxe, eu, bandeira no almorzo, no vermut, no coche, cos amigos, paseando o can.
Perdón, confundinme de bandeira.

Mecágina, esta tampouco é.

40 comentarios:

Torreira dijo...

apúntame nas dúas raposo,apertas

paideleo dijo...

Hoxe tamén é o día mundial do ovo. E que é máis importante: un ovo ou España ?.
Descuberto en:

http://nachoconqueixo.blogspot.com/2007/10/12-de-outubro-ubro.html

Ra dijo...

Tenía un profesor que decía los lunes por la mañana, que el mejor plan de domingo era llevar a su hija de dos añitos a mirar, desde abajo, la bandera rojigualda que ondeaba junto a la Pza.del Triunfo de Granada. Obra de un alcalde ostentoso que quiso un mástil de 30m...(complejo de qué, digo yo).
Mirar una bandera no me parece ni mucho menos el mejor plan, pero ya le digo que a mí tanta identidad me confunde, y que en mi facultad solíamos ser todos más tremendos de la cuenta.
Resumiendo, Raposo, que me gusta el toque que le ha puesto a la memoria olvidada de hoy.Bico

Ra dijo...

PD. Estoy con Torreira y Paideleo...y por descontado, donde este un huevo... ;)

Silvana dijo...

Ay, ¡facendo tropelías! mira que confundirte e equivocarte de bandeira .... uf .... ..... si te collen póñente a desfilar hoxe por aí cos verdes, gritando pola patria e polo Rei!!

Moi bo. Un saúdo.

RICARDO ARIAS dijo...

Por unha vez, vou ter que disentir do meu ben querido raposo. Non no das bandeiras: hai tempo que esas cousas non me excitan moito. Aí sí coincido na trasnada.
Vou disentir desa vella troula do xenocidio español en América. Paréceme un xeito algo ñoño de ler a historia ese que fala dunha sorte de mundo americano idílico, de indios moi bos, moi bos, onde chegaron os brancos malos malísimos.
Se houbo un xenocidio español daquela en América, tamén habería que falar do mesmo polos romanos, ou polos persas, etc. Eu prefiro gardar palabras tan terribles para sucesos históricos nos que, de seguro, todos estamos pensando agora.
A partires do século quince, en América, houbo un choque de dúas culturas, de dous mundos, e como adoita acontecer, houbo sangue e sufrimento, e tamén houbo luces. Que ninguén esqueza que os maias, e mesmo os incas, construiron imperios tamén a costa de someter a outros pobos: tamén fixeron escravos, tamén arrasaron culturas, tamén impuxeron a súa lingua sobor doutras... eu, con todo, xamais diría que fixeron xenocidio ningún. O mesmo poderíamos dicir dalgunhas culturas precolombinas norteamericanas, especialmente no que hoxe en Arizona.
Remato o sermón invitando a todo o mundo a ler a Historia de verdade: non podemos ficar no mundo dos Dan Brown, no mundo do branco/negro light, no mundo dos tópicos tragados sen dubidar. Coincido có que unha vez lle escoitei a Punset; dicía que sempre lle recomendaba á súa filla "desaprender" algo todos os días.
Saúdos.

O Raposo dijo...

Apuntado queda, Torreira.
Paideleo: pregúntalle eso a Rajoy e xa verás.
Ra: ¿e non acusaron o teu profesor de torturas infantís?
silvana: menos mal que non me colleron.
Ricardo arias: tódolos imperios cando conquistan terras fan o mesmo: abusan do seu poder e masacran as culturas que invaden. ¿Que tamén o fixeron os romanos e os persas? Por suposto. E Gengis Khan. Pero o feito de que o fixeran non xustifica que os vindeiros conquistadores o sigan facendo.
Pode que a palabra xenocidio sexa excesiva pero a realidade é que nos fomos a América, invadimos terras que non nos pertenecían, matamos a todos os que opuxeron resistencia, impuxémoslles un Deus cando eles xa tiñan os propios, quitámoslles todas as riquezas que puidemos, abrimos feridas que ainda supuran.
E non podemos estar orgullosos deso, nin orgullosos nin comprensivos senon críticos. E tratar de aprender dos erros e das inxustizas pasadas para non volver a cometelas no futuro, o que vexo díficil tendo en conta como somos.
Unha aperta.

paidovento dijo...

Di que si, raposo. Moi boa a confusión de bandeiras, menos mal que non confudiches o retrato.

Fada Branca dijo...

Oe,pois eu creo que non te confundiches

APÁTRIDA dijo...

O Estado, El Rei, os militares, a Igresia, deberían pedir perdón, un por un, a todo-los pobos que humillaron, roubaron, masacraron en nome de Deus, é da patria- comenencia de alguns.
A bandeira deberase reciclar mandandoa por mensaxeiro (Paco Vázquez e Rajoi)o Valle dos caídos eo Vaticano. Apuntome as outras bandeiras é sobre todo a Galega, que é a nosa
Unha aperta

vermella dijo...

Se te cacha Rajoi vas preso por republicano e galego!!!
Meditar ben sendo o mellor plan para hoxe e ver unha peli do oeste tamén.
Apertas e bicos.

Pau dijo...

Ostia pois eu pensei que isas eran as bandeirasd que tiñan que ondear onte.

rosa enriquez dijo...

Sei que Ricardo Arias di a verdade e que outros pobos coma os romanos tamén invadiron e masacraron linguas e culturas. Sei tamén que leva razón niso de qu os mayas someteron a outros pobos etc etc Pero tamén é certo que os erros dun non se palían apoiándose nos erros dos demais. Coido que abusar dos débiles é un delito moral inxustificable, cometa quen o cometa. Eu, persoalmente, sinto vergoña allea cando vexo a todos eses paseando "con orgullo fiero y patrio" nesta "Fiesta Nacional" celebrando os horrores e errores cometidos alí. Coido que non é maniqueísmo é a relidade: no caso da invasión romana, nós fumos as víctimas, no da Conquista, os verdugos. Celebrar que fumos verdugos castradores e inhibidores de fés e liberdade paréceme noxento e, sobre todo un atraso. Un bico Raposo. UN 20 POR ESTE POST¡ (valdeorosa)

Doutora Seymour dijo...

No nome das bandeiras téñense cometido as barbaridades máis noxentas que poidamos maxinar. É para o que serven, todas... sen excepción...

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Eu apostillo palabra por palabra o que dis e o que di Rosa.
Á bandeira gústame máis coa esteliña vermella.
saúdos

Mr Tichborne dijo...

Un pouco con Arias e un pouco co Raposo. Eu non vexo ós ingleses ou franceses darse de latigazos polas súas trasnadas de hai séculos. Nin avergoñarse (eu non xenocidei a ninguén) nin fachendearse. Si ter memoria e xuízo histórico.
Por onde vai Raposo é que en contra diso vai pintalo todo de rosa, miles de patrias unidas pola misma lingua e tal, e por riba celebralo.
Ademáis, independizáronse de España hai séculos... e non foron a mellor, sempre con dictadorciños chupóns e represores malvendendo todo ós USA.
Xenocidar existe, como verbo?
Bibaspaña. Oño!!

Patrieira dijo...

eu concordo cen por cen coa doutora Seymour!!!!

A Conxurada dijo...

Só quero dicir unha cousa...eu non fun a martirizar a ningún indíxena, polo de pronto aínda non crucei o charco...

sarampelo dijo...

Como dicía o gran Zeca Afonso: "nin bandeiras nin himnos".

Suso Lista dijo...

Outros por menos, romperon Egpaña. Caghinoconoquosbotou.

Ex Traño dijo...

por favor,non se preocupe que na pantalla só vemos trapos a rayas...
o que si me pareceu fatal foi chegar a Bandeira (xusto antes de silleda) y descubrir que non facian festa, si se entera Marianico el corto nos defenestra.... saudos y apertas

moucho branco dijo...

A desvergoña é, xunto á información deportiva, unha das poucas cousas que non coñece límites... até o xenocídio pode celebrarse cando o ser humano chega ao mais baixo da súa condición.

(por certo, viva a república, ostia!!!!)

W. Sobchak dijo...

a min umha das cousas que mais me amola é como os conquistarodres ibericos queren maquilhar o xenocidio dos pobos idixenas con unha suposta "mestizaxe".
...Os anglosaxons foron mais eficaces, limitaronse a exterminar a TODA a poboacion indixena e xa non andan con estas caralhadas...

"dia da hispanidade"... manda caralho

nOa dijo...

un oculista precisas... ;b

Mario dijo...

Canta razón tes, quedei farto de tanto debate inventado. O peor son os latinoamericanos que sairon a celebrar tal cousa.

A lareira de Santiso dijo...

A historia do mundo é a historia do sometemento duns pobos a outros. Por certo, Ricardo Arias: quen me dera saber en que libro se conta a historia de verdade.... Pagaba ouro por el. Se cadra ese é o espazo do mundo dos blogs, libre polo de pronto (esperade, todo se andará... eu polo de pronto xa pasei polo cuartelillo polo que escribín un día no meu blog!.
Apertas, Raposo, e grazas por pasar pola Lareira.

torredebabel dijo...

o malo, como dixo Mario, non é que España celebre as súas barbaries de dominadora e xenocida (palabra moi axeitada, por certo). O malo é que aquí en América ainda haxa quen pensa que o 12 de outubro é día no que algo se poda festexar.

Nébeda dijo...

eu teño respecto ó 12 de outubro porque teño respecto a Zaragoza e ó seu día grande.e porque me gustan as flores, que carai! Polo resto...pf, enfín.

Mer dijo...

Gústame moito o teu blog. Se non che importa vou poñer un link no meu no apartado de "Blogs que leo"
Un saúdo.

paulaverao dijo...

Cando os ibéricos chegaron ó continente americano levaron consigo, en primeiro lugar, axentes patóxenos descoñedidos polos indíxenas, contra os que non tiñan defensas.
Enseguida a Monarquía Hispánica se apropiou das novas terras que ían sendo descubertas coa superioridade que lles daba o emprego de armas de fogo e o dominio de técnicas de navegación(e ca alianza de pobos descontentos co imperio azteca, no caso de Centroamérica, é verdade).
América foi no s.XVI a gran reserva de ouro e prata dos Austrias, traballada con man de obra indíxena, que pagaba as empresas bélicas de Carlos I e Felipe II.
Resultado do s.XVI: calcúlase que dos 42 millóns de habitantes que tería América no 1500 quedarían 13 millóns no 1600. 29 millóns de persoas morrerían por enfermidades infecciosas, principalmente, e polo impacto do traballo esclavo nas minas europeas.
No século XVII continúa o expolio de metais preciosos (estamos falando da América hispana), tendendo a cara a explotación directa por empresarios todopoderosos máis que pola Coroa. As misións son grandes centros de roturación de terras.
Houbo rebelións indíxenas no XVIII, pero os que triunfaron foron os movementos independentistas dirixidos polos criollos no s.XIX. Os indíxenas seguiron a ser a parte pobre dos novos estados liberais.
No s.XX chega a dominación estadounidense de América, con especial impacto mortífero nos anos 60 e 70 (e 80), co xenocidio guatemalteco, cas dictaduras arxentina e chilena, etc, todo elo apoiado polos USA, co premio nobel da paz H.A. Kissinger á cabeza (que debería ser considerado o maior asasino da segunda metade do s.XX). Nos anos 80 as recetas do Banco Mundial e do FMI endebedaron os países para reducir a deuda externa (e favorecendo ás multinacionais): só produciron aumento da miseria e descenso do gasto sanitario e educativo. Os máis afectados: os indíxenas.
Hoxe os pobos de América intentan ser os responsables do seu propio destino, cas dificultades enormes de dependencia que siguen a ter en forma de empresas estadounidenses e españolas. E claro que en Cuba hai unha dictadura e se atenta contra os dereitos humanos, e claro que o Chaves é un demagogo, pero, ¿que é o que sucede en supostas democracias á occidental como Guatemala, onde acribillan a balazos ós líderes indíxenas?; ¿onde hai máis fame e inxustiza social, en Cuba ou México?
¿Que faríamos se fósemos indíxenas e vivísemos en Bolivia, e fósemos pobres a pesar de ter grandes riquezas naturais no país?
Durante 500 anos os pobos indíxenas de América foron esclavizados, foilles imposta outra cultura mentras se minusvaloraba ou aniquilaba a súa, foron relagados do poder político... É verdade que a Historia non é branca e negra (como di ricardo arias), non é de bos e malos; e hai que ler Historia de verdade. Pero, a Historia de verdade estudiada na Universidade é a Historia dos vencedores moitas veces (por exemplo, para a Historia oficial española o Reino de Galicia non existe), e hai que ser críticos con esta e analizar os documentos dos que dispoñemos elaborando a nosa propia interpretación.
Eu interpreto a Historia de América destes 500 anos coma unha Historia de Dependencia.
[Tampouco teño moita idea, para o ano teño a asignatura de Hª de América.]
Ala... Perdón polo rollo inconexo.
A ver se nos vemos por Sober, raposo. :)
CONTRA TODSD AS HISTORIAS OFICIAIS

O Raposo dijo...

Paula Verao: grazas pola visita e pola lección de historia, tan certa e tan necesaria. O triste é, como dixeron Mario e Torredebabel, que tamén en América se festexa .
Apertas e vémonos por Sober.

Ana dijo...

Esto contradice a Grazas.
-Por Colón...

Sober O Vello dijo...

Raposo, hai que deitarse.

O Raposo dijo...

Ana: non vexo tal contradicción. Non hai que confundir o descubrimento en si, coa utilización que, a posteriori, fai España dese descubrimento.
A ver si vamos a culpar agora o que inventou o asfalto das mortes que hai nas autoestradas.

VECA dijo...

Bueno, descubro o teu blog un pouco tarde, pero hei de recoñecer que estou na mesma opinión ca ti. Teño unha amiga guatemalteca que creo que tamén se nos une:D
P.D:O das bandeiras foi boísimo ;-)

O Raposo dijo...

Veca: grazas e benvida a esta cova.

Ana dijo...

Home, non era Teresa de Calcuta, nas Capitulacións de Santa Fe pedíu e obtivo ser Primeiro Almirante, Virrei e Gobernador das terras que ía descubrir, a décima parte das suas riquezas, etc, etc,e si cremos na teoría do Predescubrimento (hai un filme mui bon), él xa sabía da existencia desas terras, coñecida dunha forma máis ou menos artera e xogaba con ventaxa, o dito, non ía en plan ONG.

RAFAEL REYES dijo...

No podo dar leccións de historia, en verdade non podo dar leccións de nada, o único que fago e mírarme pra dentro e sentirme.
Cando fago iso, sei o que sinto.
Estou mais cerca de sentir unha pena enorme que alegría por o que pasou en América cando a "descubriron".
Estou mais cerca de sentir que lles debo algo a esa xente do que eles a min.
Estou mais cerca de sentir ao Indíxena e a terra que do ouro e a iglesia.
Estou, en fin, sentindo que o sinto e sei o que sinto.
Saúdos, Raposo e noraboa por o debate xurdido da tua reflexión.

O Raposo dijo...

Rafael reyes: estou contigo nesa reflexión.
Apertas.

Gustavo dijo...

Hola, sr. Raposo. Me introduzco en tu cueva porque hace tiempo leí esta entrada y me hizo gracia la broma de las banderas. Tanto que hará poco te la plagié con lo del tema del himno: lo malo es que no recordaba dónde la había visto. Así que sin más voy a concederte la autoría de la idea. Si quieres verla:
http://albokari.spaces.live.com/blog/cns!61E9B08CEBCBE7EE!3571.entry