jueves, 25 de octubre de 2007

QUE SIGA O SON


Esta que vedes aquí é unha cadea musical Philips F1575 co seu xiradiscos FP563. Creo lembrar que a merquei a finais do 87 e fun pagándoa a prazos. Ata entón so tivera un mal radiocassette no que escoitaba as cintas.
Coa nova cadea puiden, pois, mercar os meus primeiros vinilos: Sabina, Barricada, Barón Rojo, Siniestro Total, El último de la fila, Radio Futura, Rosendo, Ramoncín, e mitos internacionais como Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan. Daquela o CD aínda estaba empezando, había poucos e eran moi caros.
O vinilo ten algo especial; hai como unha cerimonia, un ritual, unha conexión mais íntima: sacar o disco da funda, limpalo, poñer en marcha a agulla ou manualmente movela a unha pista determinada. Coa cinta e co CD dáslle a un botón e punto. Teño un amigo que sigue mercando vinilos sempre que pode; di que lle gusta mais o son que se saca deles, un son mais sucio pero mais autentico.
Pero hoxe non vos quería falar de vinilos senón da Philips F1575. O tempo non pasa en balde e ela tamén o notou. Traballou arreo, sobre todo nos primeiros anos. Tivo un constipado e quedouse sen voz arredor do 98 (nada grave, un pequeno arranxo), polo demais sempre respondeu ben. Coñeceu tres vilas, unha aldea, unha cidade e sete domicilios, e non vos sabería dicir as miles de horas que estivo funcionando. Non protestou nos traslados, nin se queixou do mal estado dos amortiguadores cando viaxaba no maleteiro do coche. Foi fiel a súa maneira.
Pero o tempo non pasa de balde, xa o dixen, e nos últimos anos empezou a perder facultades: minguou a calidade da reproducción , o ecualizador non ía ben, a radio fíxose intermitente como o Guadiana, os altofalantes empezaron a fraquear, rompéronse dúas rodas do moble. E a semana pasada dixo basta.
Podería tentar amañala pero non o fixen porque pensei que ben merecida tiña xa a xubilación. Fai uns días tireille unhas fotos antes de despedirme dela. Agora estará no paraíso das cadeas musicais (quero crer que existe) porque foi boa, aceptou todo tipo de música e xamais se meteu con ninguén.
Podédesme crer se vos digo que cando estou no salón noto que me falta algo, vexo un espacio baleiro a carón do moble e sinto gravitar sobre min un silencio mesto.
.
O primeiro disco que sonou na cadea foi un de Barón Rojo, un doble LP grabado en directo: "Barón al rojo vivo".

26 comentarios:

A Conxurada dijo...

Vinte anos para unha cadea de música si que son bastantes.
É normal que che falte algo, forma parte da túa vida.

Un bico.

Silvana dijo...

Supoño que a incinerarías, non mola que se quedase baixo terra.

Dis ben que tragou toda a música, porque si a pobre tivo que poñer tamén a Ramoncín, era ben boa!! Si son eu nin cho tatareo. ;D

E agora, ¿cal vai a ser a sua sustituta? porque non hai viudo que dure moito tempo (ou se arrexunta ou a palma. ;D

¡Qué graciosilla me levantei hoxe! Non me fagas caso que estou de xoves.

Un saúdo.

A lareira de Santiso dijo...

Sentida homenaxe. Ela tamén debe estar orgullosa do seu propietario. Meu irmán ten na casa unha á que só lle funciona, e malamente, a radio. Pero algo lle debe pasar coma a ti, que a pesar do espazo que lle ocupan, non se dá desfeito dela.
Apertas.

O Raposo dijo...

A conxurada: forma parte dos mellores anos da miña vida. Un bico para ti, tamén.
Silvana: pois menos mal que non puxen a Ramoncín na banda sonora. Agora que se fixo sabihondo, comentarista de radio e TV, abanderado en contra de topmanta, o tio vai de prepotente e petulante e a min tamén me cae mal.
Pero nos anos iotenta fixo algúns traballos salientables. Eu destacaría dous discos: Arañando la ciudad e Ramoncinco. Neste último ten unha canción sobre Nicaragua impresionante.
Un saúdo ramonciniano. E broma.
A lareira de Santiso: Si, cóstanos desfacernos destas cousas. Creo que temos medo de con elas se vaian tamén os recordos.
Apertas.

Ra dijo...

Mantengo una con respiración asistida...no veo el momento de decirle adiós.Raposo, momentos inmejorables, aiinnss...

Zerovacas dijo...

Baron Rojo foi o primeiro. E cal foi o derradeiro?
D.E.P.

VECA dijo...

Pois si que durou e ten ben merecido o descanso, pero é normal que a botes en falta, demasiados anos xuntos como para no extrañarla nin sequera un pouquiño.

APÁTRIDA dijo...

A cadea, tiña ben ganado un sitio no mueble. Recapacita é dalle un merecido descanso no camposanto do mueble da saa.
Que Deus a teña no ceio, que o ten ben merecido..
Unha aperta

vermella dijo...

Hai unha canción que dí vinte anos non é nada pero unha cousa é a letra e outra o son,si permites un consello eu de ti intentaba arranxala,a miña está con nós dende o 92,este verán tivo achaques e deixarónma coma nova.o ritual de pór un disco non ten prezo,e que farás cos discos que teñas..........
Saudos para os dous.

O Raposo dijo...

Ra: ánimo e a ver si aguanta.
Zerovacas: Foi un de Bob Dylan, non estou moi seguro de cal, creo que Hard Rain. E tu dirás: ¡Coño, lémbraste do primeiro e non estás moi seguro do último! E que o feito de ser o primeiro anoteino na carátula do LP.
Veca: si que durou, si. Eu tamén a tratei ben, que conste.
Apátrida: coas casas de antes había espacio de sobra, pero os 60 metros dos apartamentos de agora non dan para moito.
Vermella: Pois terei que mercar un novo xiradiscos para escoitalos de cando en vez.

busto.agolada dijo...

Que excelente maneira de se despedir de quen che fixo pasar moitos momentos agradables. Agora que non funciona saltou ao mundo polos camiños da Internet. Saúdos.

Mario dijo...

Vaia monumento e cantos recordos, agora xa non se ven cousas así. Eu de ti gardábaa de recordo, claro que aver onde a metes.

Úrsula dijo...

Pois si que cumpliu o seu cometido con creces. Eu tamén sigo poñendo discos de vinilo de vez en cando. Bicos

RICARDO ARIAS dijo...

Eu estou agora no trance de decidir se lle dou a xubilación á miña cadea musical ou se a levo a outra posta a punto, bafles incluidos. Esta é aínda máis velliña: era xa do meu pai e ronda os corenta anos. É desas que non ían en torre, senon nunha sóa superficie para todos os compoñentes.
Unha aperta e, agardamos todos que quen veña a sustituir á túa cadea, siga a meter balbordo como Deus manda.

O Raposo dijo...

Busto.agolada: Polos camiños de Internet... ¿Quen o iba a decir cando a merquei!!!
Mario: Eso digo eu: a ver onde a meto.
Ursula: Si, apetece poñer eses vellos discos. Sobre todo eu que (no tema musical) penso que calquer tempo pasado foi mellor.
Ricardo arias: Mi madriña, tes unha de 40 anos! ¡Eu que pensaba que a miña era moi vella!!

paideleo dijo...

Entendo o que dis. Hai cousas materiais que son como amigos.
Eu chorei cando deixei o meu Ford Fiesta no desguace.

O Raposo dijo...

Paideleo: algo parecido me pasou a min co Renault Super 5 GTD.

nOa dijo...

estas cousas pasan. o peor é o baleiro...w

Rui Caetano dijo...

Mas qué original essa homenagem.

rosa enriquez dijo...

Pois si que che saiu de boa raza porque 20 anos son moitos anos para unha cadea de música¡
Comprendo iso que sintes cando miras e ves que non está... Por certo, eu tampouco trago a Ramoncín¡É tan repollo¡ Bicos e a por outro xiradiscos¡

milonga dijo...

onte pola noite estabamos a cear e puxemos uns vinilos dos dire straits.

esa mezcla de crik!crak! do lume e o son sucio do vinilo son do mellor da fin de semana para min. como un ritual.

magoa que o perdas pero felicidades por conservala durante tanto tempo e por darlle o valor que se merece

Chousa da Alcandra dijo...

Sempre gustei deses "equipos" e non fun quén de ter un.
R.I.P.

Saúdos

Ninsesabe dijo...

A min pásame coma ó teu amigo, que sijo comprando vinilos...Vou tendo unha modesta colección. O último que comrprei: Chuck Berry Colletion, gravado en 1988.

vermella dijo...

Hoxe acordeime de ti porque aquí os luns o concello recolle o "lixo especial" e diante do contenedor estaba o mueble dunha irmá da túa cadea.........
Por certo unha mullera estaba a mirar botando contas si adoptala.
Saúdos.

O Raposo dijo...

Noa: o baleiro e a nostalxia.
Rui caetano: grazas pola visita.
Rosa enríquez: pobre Ramoncín, tod@s se meten con el.
Milonga: Dire Straits, eh! Voa elección.
Chousa da alcandra: Pois perdíchete algo fermoso.
Ninsesabe: a seguir acon eses vinilos. Por certo, por algunha razón que non entendo non podo deixar comentarios no teu blog. ¿Sabes se a alguén mais lle pasa o mesmo?
Vermella: grazas pola lembranza.
Apertas a tod@s.

Pau dijo...

Baron al rojo vivo. Pois si que o teño eu escoitado de cativo no tocadiscos dos meus pais. Sempre me chamou moito a atencion encontrar ese disco no medio dos Panchos, Pantoja, Perales, Julio Iglesias... que tanto lles gustan aos meus pais