sábado, 20 de octubre de 2007

CANDO O PASADO É UNHA FIESTRA PECHADA PARA SEMPRE


Quixera que os portais estiveran abertos,
que nas miradas alumeara a paixón,
que a palabra retorno fora posible
e o recendo de tardes-noites de verán
e bicos salgados
quentaran aínda este aire de outono.
E quixera chegar o precipicio dos seus ollos
para arrebolar un feixe de preguntas,
buscando respostas que poñan
algo de sentido a esta cidade
de xeómetras e conductores suicidas.
Ó final é o desencanto,
a anguria de descubrir que a realidade
e outra, mais triste, mais rota,
que o pasado non volve,
que todo fica gris
nesta vía solitaria,
nesta estación pechada por derrubo
á beira dun crepúsculo de falsos deuses.
E os espellos solo reflicten indiferencia
(outra forma do esquecemento)
e o meu redor
o único que non se murcha
é o silencio.

27 comentarios:

FraVernero dijo...

Coma Beckett, somos cantores do silencio, da derrota, da soidade. No fondo, da tráxica soidade sen esperanzas en que remata toda vida do home, por moito que nos esforcemos en agocharnos en nubes de algodón de zucre.

O vento sopra, e leva as nubes. E a nós con elas, de propina...

RICARDO ARIAS dijo...

Dicía Pessoa que escribir poesía non era o seu traballo, era apenas o seu xeito de estar só.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Quédate co principio; "coas miradas que aloumean paixón, que a palabra retorno é posible, e o recendo das tardes-noites de verán e bicos salgados quentan o aire do outono..."
Verdadeiramente fermoso.
saúdos.

Marinha de Allegue dijo...

Coido que o pasado nunca se pecha para sempre acompánhanos e non debemos esquecelo.

Unha aperta presente.
:)

nOa dijo...

o final, impresionante.

APÁTRIDA dijo...

O pasado xa non existe. Tratamos de idealizar sentimentos, momentos vividos é cando tratamos de recuperalos esváense das mans como po que flota nos camiños perdidos.
Fermoso poema. Guistoume moito.
Unha aperta.

vermella dijo...

Tan fermoso que pasareí a gardálo na mesma caixa onde gardo o desencanto e o silencio.
Unha sincera aperta compañeiro.

rosa enriquez dijo...

Fermoso poema. Dicir adeus é duro pero ás veces hai que facelo.De todos modos o esquecemento non é real. Endexamais esquecemos porque nós somos o que vivimos e como din por aí, cando unha porta se pecha outra se abe... BICOS:))

Ra dijo...

Secundo lo dicho por Doña Rosa. Precioso como siempre lo que escribe y traslada, Raposo.

Un lote de besos.

moucho branco dijo...

gho... que pouso tan amargo... se é que os poetas sódesme demasiado realistas...

Juan Luis dijo...

Un instante mirando este poema... un instante feito intre... un intre feito instante... que mais da? un nimio momento cheo de sentimoento...
(graciñas polo comentario... eu sempre serei fiel o tubo catódico...)

Chousa da Alcandra dijo...

Vou concordar con Marinha no sens de que o pasado forma parte do presente e, ainda que minuindo en xeométrica progresión, tamén do futuro.
Graciñas pola tua visita á Alcandra.
Unha aperta!

Silvana dijo...

Encantoume.

Un saúdo.

A Conxurada dijo...

Moi triste, pero moi fermoso, e moi real.

Un bico

busto.agolada dijo...

Gústame iso do silencio, que é o único que non se murcha. Vivimos unha época onde o silencio é un privilexio. Temos que valoralo no que val. Saúdos.

Lúa dijo...

...VOSTEDE É UN POETA MEU, PERO...ANIMESE CARALLO ;D
BICOS!

Doutora Seymour dijo...

Os amores do outono quecen o aire do inverno. O silencio tamén pode ser fermoso. O esquecemento non existe...

O Raposo dijo...

Grazas a todos e a todas polos comentarios e as loubanzas.
Apertas.

Suso Lista dijo...

Talmente é así. O único que non se murcha...

vakastolas dijo...

Vai máis frío, o ceo cincento, as follas amarillas (do pasado) derrúbanse sobre o asfalto... morre todo, tamén o pasado, pero só é un tránsito, o presente está aquí, non o deixe á intemperie.

Mer dijo...

Fermoso poema.

Alguén dixo: As oportunidades son coma os amenceres, se un espera demasiado, pérdeos.

Tamén hai que ter en conta que ao día seguinte haberá outro amencer, non o mesmo, non igual, pero pode que aínda sexa mellor.

kafre dijo...

gustame o que fas,moi bo traballo

pepe penas dijo...

Estou lendo "El hombre que confundió a su mujer con un sombrero,de Oliver Sacks, un medico neurologo; o pasado está ahi, abonda con lembralo. Cando se vive nel, coido que non é moi boa cousa.

Pau dijo...

Fermosa, realmente fermosa.

sarampelo dijo...

Que máis pode dicir do que veñen dicindo os cometaristas.
Fermoso o poema. Paseino ao papel para gardalo nese baúl dos recordos pero coa fiestra moi aberta.
saúdos

xurxocimadevila dijo...

poñoche aquí un comentario que un día me puxo a queue bleue cando eu falaba da soidade. É un poema de Bukowski:

Oh Yes

there are worse things than
being alone
but it often takes decades
to realize this
and most often
when you do
it’s too late
and there’s nothing worse
than
too late.
Charles Bukowski

avelaíña dijo...

Inda que nos semelle que o pasado está baixo candado, sempre volta a aperecer en calquera circunstancia e, sin él, non somos nada.
Saúdos.