jueves, 29 de noviembre de 2007

SANTA PACIENCIA: ARQUITECTURA POPULAR


Cando nas fincas se apañan os coios e as pedras pequenas que hai ciscadas polo chan e se xuntan todas nun montón, a eso na miña aldea lle chaman casarellos. O que xa non sei é como chamarlle cando as pedriñas están tan ben postas e forman esta figura de cono truncado. Precísase ganas de traballar, tempo e paciencia.
A foto foi tomada no concello de Riveira a beira dun sendeiro, preto do regato As Saíñas.

22 comentarios:

BK dijo...

Isto non é arquitectura, é ARTE :-P

Sun Iou Miou dijo...

O que fixo iso é a pedra da paciencia e non é pedrazo ningún.

vermella dijo...

ben feitiño,parece un peto de ánimas.
saúdos.

Chousa da Alcandra dijo...

O que dí vermella lémbrame que cando eu era neno, había unha muller vella que se adicaba a facer moricos de pedras (menos elaborados ca ese da tua foto); e despois colocaba unha botella -previamente partida- boca abaixo e semienterrada nas pedras,con un santiño dentro.
Qué cousas!

paideleo dijo...

Non coñecía os casarellos eses e son unha obra de arte rural na súa sinxeleza.

Mario dijo...

Logo esa é a orixe dos milladoiros!!! Os peregrinos vían o monte de pedras ao lado dos camiños e inventaron todo aquilo das pedras que darían testemuño da viaxe o día da fin do mundo.

A Conxurada dijo...

Viva a arquitectura popular e viva Riveira, ....entón Riveira é definitivamente con v? É unha dúbida existencial que sempre tiven.

Apertas

Raposo dijo...

A conxurada: non sei moi ben se Riveira é con B ou con V. A min persoalmente gústame mais con B, pero na maioría dos carteis, agás os moi antigos, figura con V. Parece pois que a tendencia é esta. En fin...

rosa enriquez dijo...

Pois mire, unha palabra nova que aprendo, casarellos. Non a coñecía. Por certo, isto será en arte isto que chaman intervir na natureza? Fantástico este cono empedrado. Un bico.

FraVernero dijo...

Sí, Mario xa me pisou o que ía dicir, que era unha referencia fuxidía aos Milladoiros, esa obra de arte/performance dos peregrinos que, con a con, se foi erguendo en determinados espazos estratéxicos. Por suposto, remonta quizais a unha relixosidade máis primitiva, e a unha obra común en pedra que pouco ten que envexar a moitas das pezas das actuais galerías de Arte Contemporáneo...

Canto á Riveira, non sendo filólogo galego non sabería qué dicir, pero pola que nos queda perto (a do Barbanza), creo que é unha aberración lingüística. Esa alomenos ven da 'Riparia', e creo que iso tiña que dar unha 'b'...

Peke dijo...

Parece unha tumba.

Son Unha Xoaniña dijo...

Non coñecía iso dos casarellos, seguro que hai outras formos de dicilo, eime informar.
Un saúdo,

oko dijo...

a min tamén me parece arte...

moucho branco dijo...

concordo en que iso é arte. Ten un aspecto antropolóxico seductor...

Mararía dijo...

¿Cómo consegues fotografiar as rarezas todas que hai? Igual o fixo o mesmo que colgou o buzón do árbol.

Raposo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Raposo dijo...

Silvana: unha posiblidade que non hai que descartar. De feito, a distancia entre ambas curiosidades é de uns poucos kiloómetros.

busto.agolada dijo...

Aquí, en Agolada, tamén lles chamamos así e no meu arquivo de fotos gardo unha soa dun enorme casarello de lousa de granito. Algún día poreina no meu blog.
Saúdos

Anónimo dijo...

A min gústame.

milonga dijo...

nos fixemos un muriño na casa da aldea o outro dia, pero sospeito que non quedou tan ben coma este

Paco Penas dijo...

E deseguro que no futuro chegaran os estudiosos para descifralos códigos daqueles contemporáneos do século XXI que se adicaban a cambiar as pedras de sitio :-)

Nuca dijo...

as veces as cousas se fan só por casualidade...