Fai uns días lembreime da peli (xa hai uns cantos anos que a vin) “O lapis do carpinteiro”, baseada na novela do mesmo título de Manuel Rivas. E din en cavilar nese lapis que vai pasando dunhas mans a outras e que o final da película, cando Herval (o que fora garda civil) morre, o recolle do chan unha das rapazas do puticlub. Un lapis que sobreviviu durante mais de 40 anos sen deterioro, noviño como o primeiro día, sen reducir o seu tamaño, case como un obxecto máxico e imperecedoiro. ¿Qué sería del? ¿En que mans estará agora? Pensando nestas cousas escribín o que segue e que Manuel Rivas me perdoe. Antes de que chegara as mans do pintor o lapis pasou polas de varios carpinteiros sen que minguara nadiña. Meu pai, que lle daba algo á carpintería, posuía un deses e estaba case nas últimas. Eso quere dicir que os outros carpinteiros ou tiñan pouco traballo ou eran uns lacazáns e preguiceiros. O pintor pasaba o día debuxando con el no cárcere, mesmo o mismísimo Pórtico da Gloria, pero o tamaño non diminuía. Misterio este que quizais poderían explicar Juan Pablo II (razoando que era un milagre) ou Jiménez del Oso (aducindo un orixe extraterrestre). Lamentablemente os dous están mortos. Despois pasou as mans (mellor dito a orella) da garda civil e estivo con Herval durante 40 anos. E o lapis seguía igual. Esto é mais comprensible porque xa el mesmo recoñecera que non era home de letras e de todos é sabido que os gardas civís non son moi dados o traballo. Cando Herval morreu, o lapis recolleuno unha rapaza colombiana e gardouno na mesiña da noite, entre a imaxe dunha virxe e unha caixa de condóns. Alí quedou durante meses xunto a mesma imaxe (a caixa de condóns cambiaba a miúdo). Cando a rapaza deixou o club levou con ela a virxe pero esquéceo o lapis. Este, con outras cousas que o dono do local xuntou na habitación, foi parar a bolsa do lixo que despois guindou á beira da estrada. Ó lapis debíalle amolar estar encerrado porque por un furado da bolsa foi esvarando o chan. E alí quedou, quietiño, relucindo vermello entre as poucas herbas que medraban xunto o asfalto. E alí atopouno ó día seguinte Pepiño, o fillo dos Pesavedra. Pepiño con nove anos, non sabía, non podía saber a historia e a carga emocional que tiña ese lapis. Mais cavilou que algunha utilidade si que podería darlle porque agarrouno con forza e correu cara á escola como un neno con zapatos novos.
26 comentarios:
meu tío era un grande ebanista, e cando eu era nena adoitaba xogar no seu taller cos tacos e mailo serrin... e cos lapices vermellos e planos que cando son novos brillan tanto e teñen esa punta tan gorda e... un día regaloume un e pequecho, pequecho, aínda segue nun caixón, non onde unha virxe ou condons, pero si onde hai outros recordos infantís... pode ser que asi remate para pepiño.
ou non.
A min gustaríame estar no pelello de Pepiño e debuxar arreo co lapis ollando a chuvia (monotonía) a través dos cristais da escola. Se os demais non lle deron uso, eu habíalle de sacar bo partido. Incluso sendo lapis de carpinteiro. Por certo, eu merquei o libro e traíame un apegado ás tapas cun papel de celofán e agora non me lembro onde anda. Tereino que afiar e comezar o debuxo, senón quedo mal co expresei ao principio.
Saúdos.
Pois mira ti en que dan as cousas: de ficar ó carón dunha caixa de condóns, remata por ser propiedade dun neno. Qué cousas!
Saúdos tamén
Vin sacrilexios peores ;)
O que máis me sorprende a min e que o lápis non minguara co Garda Civil, seica ¿daquela non puñan multas? Se o colle hoxe algún non dura un día.
¡Que sorte que caera nas máns de Pepiño! porque era un neno moi especial ao que todos os seus compañeiros lle pedían que lles fixese os debuxos na escola, e cando chegou co seu novo lapis, arrodearono e pedíronlle que lles fixera un debuxiño, e él debuxou e debuxou ata que de tanto afiar o lapis so quedou del un anaquiño que gardou nunha caixiña e o tivo con él coma un amuleto, acompañouno sempre e inda hoxe que é un pintor de moita sona e moi recoñecido, e que polos seus cadros se pagan auténticas fortunas, conserva o anaquiño de lapis.
Unha aperta.
A min pasoume coma a busto.agolada, merquei o libro e o lapis vermello que traia estivo uns anos nun bote de barro onde teño os bolis, noviño, sen afiar. O luns pasado, cando tocou voltar ás clases, o meu fillo, xa metido na hora de sair da casa, díxome: "mamá non terás un lapis por ahí" é dixenlle, mira no meu bote!, veu cara min cun lapis plano e vermello dicindo: "que lapis tan chulo". O meu fillo (ó rematar bacharelato andivo a estudar e deixar varias cousas) iste outono dixo que xa sabía o que quería: quería ser carpinteiro e deseñar e construir mobeis. Sorrín mirando para él por a coincidencia de ver o lapis noviño na sua man de carpinteiro que agroma... e conteille de onde saíra o lapis. Ós dous nos pareceu un bo augurio.
Vaia, vaia...sim que passou peripécias o lápis esse. Por certo, que nem lim o livro nem vim o filme. Algum dia terei que fazê-lo.
Fai tantos anos que lin ese libro. No colexo tiña unha profesora, Doña María, que nos mandaba leer moitos libros na clase de literatura galega. Nela descubrín os grandes escritores de onte, de hoxe e as promesas do que, por aquel entonces, era o mañá.
¡Boa semana!
Eu tamén conservo o lapis que viña co libro. Lino hai anos,xa.
Eu teño varios na casa porque na miña familia houbo varios carpinteiros. Que mellor que ese lapiz, tan viaxeiro e tan curtido polo mundo adiante remate nas mans de pepiño, porque? para q ese neno debuxe un mundo novo. O neno: o futuro.
Que Rivas cho agradeza! :)
Apertas!
eres un fenómeno... xa ves... un lapiz cantas voltas dá... eu vin a peli... pero disgustoume un chisco... o libro é xenial... recomendabilisimo...
Seguro que Rivas che perdona. O de poñelo na orella, é moito mais real. Non me podo imaxinar eses lápices noutro sitio que non sea nunha orella con restos de serrín
Sabías que nas últimas eleccións sindicáis CCOO tiña de marchandising lapis de carpinteiro cor azul e anagrama?
Alucinei, porque o habitual son os mecheiros e os bolis de deseño futurista. Pero un lapis de carpinteiro que, nin para escrebir serve...
Hai algo adicado á vostede en valdeorosa. Un bico grande:))
e eu non vin a película, pero é que xa teño tantos antecedentes de adaptacións que non están á altura...
...e se lle prendera lume ? Un lapiz ardendo vale tanto coma tantos debuxos que nunca serán feitos.
...gracias pola benvida raposo!
Saúdos.
Cando eu era nena ia co meu pai o seu almacén de madeira e entretiñame dibuxando cun lapis nas táboas que por alí había,cando o grafito non daba máis de sí,meu pai collía un coitelo para afilalo,quedaba esa punta cadrada tan boa para dibuxar na madeira.............
Rivas ten que ler a túa entrada!
bicos.
Eu teñoo en castelán, pero eu quéroo en galego, moitas grazas por ensinálo. Moitos saúdos
E pode ser que o Pepiño tamén teña o meu que desapareceu cando merquei o libro.
Un saúdo e, tranquilo, que Manolo Rivas estaría conforme co texto se o le.
http://amargama.foroactivo.com
FORO DO GRUPO AMARGAMA, NA TERRA DE LEMOS. INFORMACION SOBRE RECITAIS, PUBLICACIÓNS DA REVISTA, ETC.
O lapis do carpinteiro hai que afialo a navalla. É o lapis perfecto para un futuro escritor, Pepiño está predestinado...
Que Pepiño terá o meu lapis? De seguro que anda nalgún lugar menos romántico, igual o meu era un lapis preguiceiro que se deixou ir ó lixo. Investigarei o caso.
O lapis do carpinteiro teñoo eu. Si, non te rías...viña co libro de Manuel Rivas e xa leva conmigo no caixón uns dous anos.Tamén está xunto a unha caixa de condóns, condóns que por certo, xa caducaron :-)
E claro, anque non son garda civil, nen carpinteiro, nen debuxante, tampouco sei que uso darlle.
¿para que sirve un lapis?
O lapis serve para aprender a escribir, por exemplo: non hai mellor instrumento para a arte da caligrafía.
eu son filla de carpinteiro de xeito que eses fermosos lapices os coñezo ben. Por iso, podo dicir en defensa do lirismo de Manuel Rivas, que son pezas máxicas: non me extraña que o do libro sempre estivese listo para quen o necesita porque son lápices nos que viven as cousas mais fermosas do mundo e non poden estar atendendo ás leis da física ou do sentido comun.
Publicar un comentario