Houbo un tempo
en que os nosos soños
eran limpos e sen fronteiras.
O abrente espallábase xeneroso
polos carreiros abertos
cheos de orballo,
onde agroman silvas e ameneiros.
Xogábamos ceibes como andoriñas
e os lameiros e os regatos
coñecían as nosas pelexas
e os nosos horarios.
en que os nosos soños
eran limpos e sen fronteiras.
O abrente espallábase xeneroso
polos carreiros abertos
cheos de orballo,
onde agroman silvas e ameneiros.
Xogábamos ceibes como andoriñas
e os lameiros e os regatos
coñecían as nosas pelexas
e os nosos horarios.
Houbo un tempo
en que inventábamos o mundo
e ese mundo era grande,
fermoso, de moitas cores.
Non había portas pechándonos
o voo nin a imaxinación.
Cun balón nos pés
e uns calzóns curtos
podíamos ser Quini ou Santillana,
fartarnos de meter goles
e gañar diñeiro dabondo.
Houbo un tempo
en que coñecíamos
os segredos dos paxaros,
o poder dos tiracoios,
o medo no fondo das carballeiras,
as lendas de tesouros agachados,
os atallos para chegar cedo
a calquera sitio.
Tratábase de correr, de vivir,
de enchouparse de flores,
de tardes espreguizándose o sol.
Houbo un tempo
en que cada día era distinto,
cada amencer un novo reto
e a escola tiña algo lúdico.
Fervíanos o sangue o achegarse
certas datas do ano:
as festas do pobo, o Nadal,
a matanza na casa dos primos.
Falar a berros gustábanos.
Eramos felices
e o demais non importaba.
Houbo un tempo
en que fomos nenos.
Agora non o somos.
Agora os soños son pesadelos,
as fronteiras érguense arrepiantes,
a rutina véncenos cada día,
perdemos a liberdade das carballeiras
e os paxaros morren nas sebes
por mor dos fertilizantes.
Agora escribimos e-mails,
coleccionamos préstamos,
temos videoxogos, lumbalxia, colesterol,
facemos números para chegar
a fin de mes sen moitas débedas.
E, ás veces, estando a soas
buscamos polos recantos
un anaco da nosa infancia
e o non atopala
unhas bágoas orfas
esvaran polas meixelas
e acaban esfachándose
contra o parqué
do noso piso alugado.
28 comentarios:
Eses tempos xa pasaron e mirando atrás pénsase o rápido que foi todo, que un quedaríase alí un pouquiño máis. Sendo optimistas hai que recoñecer que cada tempo ten as suas satisfaccións, e uns soños van sustituindo os anteriores, e unhas ilusións a outras. Nos tempos que corren casi habería que dar as gracias por poder pensar todavía.
disque eran os mellores tempos.ou non. cuando era joven e indocumentado...
chegoume
encantoume
moi a tono, para estes días baleiros de todo
hai que loitar contra os pesadelos, claro que as facturas sempre son un punto en contra.
Me parece moi boa, e cada un de nós pode asimilala tranquilamente os seus tempos, haberá quen pense que non todolos tempos pasados foron millores, pero eu penso que ago diso hai.
o mundo é diferente quando se mira desde os olhos dum neno
Preciosa entrada, que lembranzas, e iso que son moi novo. Tes toda a razón, ahi pouco era tan inocente, pasaba o día a reír e a pasalo ben e agora cando non estou ocupado e de mala leite ata eu mesmo me sorprendo. O prezo de facerse vellos. Unha aperta
un gran refuxio para momentos baixos é a infancia,as lembranzas de felicidade con maiúsculas,as longas tardes de verán,días distintos sen rutina,festas nas que eramos os protagonistas,eu estos días añoro sobre toda-las cousas unha tarta de galletas con chocolate e quina San Clemente que me facía miña nai,escribía nela o meu nome con coco grelado.
Preciosa maneira de recordar a túa.
bicos.
Non hai como ter un fillo para volver vivir aqueles tempos.
je suis de mon coeur le vampire
...dixo Baudelaire...
Fermosa foto e fermosísimas verbas.
Eu tamén lembro aqueles dez primeiros anos da miña vida coma quen estivo no paraíso e foi desterrado...
Miro moitas veces con nostalxia eses tempos en que era cativo e os problemas parecian non existir. Non sei porque de rapaces sempre queremos facernos maiores
Gustaríame volver a eses tempos...
Lembro uns versos de Manuel María ben fermosos sobre a infancia pero tampouco é cousa de trabucarse, de nenos somos igual de míseros e inocentes que de maiores.
Houbo, houbo...
Moi fermoso, Raposo.
A foto, unha xoia.
Procuro sacar a pasear de vez en cando a nena que levo dentro... debe ser por iso que ás veces merco lambetadas e tento non mentir.
Apertas
Se non tivesemos tanto medo de perder este estatus de superadultos-responsables-e serios... quen non ía impedir xogar de cando en vez? coma se non pasara nada, coma se o mundo fose tal como tería que ser.
Os que tiveron unha infancia feliz teñen a obriga moral de ser adultos agradecidos da súa vida presente, o contrario sería unha afrenta a todos aqueles nenos que non foron felices, que non o son, e que non o serán.
Unha aperta, Raposo.
Doutora Seymour
Pero chegou o tempo de traducir todo aquilo a fermosa poesía que nace no manancial limpo das lembranzas.
Gustoume moito o poema.
Apertas.
Hoube un tempo...
Debo de ser un bicho raro, que prefiro a razón e a experiencia da madurez ao desconcerto infantil ante un mundo incomprensible. Non dou nada por volver atrás.
Houbo un tempo...mas virá outro.
Sempre se pode optar pola opción de seguir sendo un "piter pan" (pero entón terías que levar uns pantalóns verdes moi ceñidos e estarías condenado a convivir cunha pesada campaniña na túa orella a todas horas).
fermosos tempos pero que non marchan: quedan en nos.
Raposo, houbo un tempo que tiñamos soños...
Moito me gustou este post que colgaches,
Fíxome lembrar aqueles tempos que xa parece que pasaron séculos.
Haberá que tentar de buscar outros soños, senon que imos facer sin soños?
apertas.
Que maneira más bonitiña de recordar o que fumos un día, nenos.
Biquiños.
Fermosos tempos que non marchan íntegramente conservamos a súa esencia...
Unha aperta grande.
;)
"...en que os nosos soños
eran limpos e sen fronteiras."
Con esto me quedo, qué regusto a cola cao y beso en la frente de buenas noches.
Mua.
Publicar un comentario