viernes, 30 de mayo de 2008

NON CORRAS


Vivimos nunha época de présas, de urxencias, de internet e trens de alta velocidade, de correr sen sentido para chegar a ningures. Somos, o fin, escravos dun reloxo, made in Taiwan, que penduramos a cotío non só do pulso senón tamén da ollada e mesmo da alma.
Os nosos antergos tiñan outra relación co tempo, mais sosegada, mais levadeira, mais práctica. Eles sabían que os sendeiros das aldeas hai que percorrelos a modiño, disfrutalos de vagar. Cada pedra ten detrás unha historia (e os pousadoiros moitas), cada recuncho pode agochar un segredo, en cada sombra pódese e débese votar unha parolada.
Xa que logo non está de mais poñer este sinal que nos lembra que andar á carreira polos carreiros non é nada bo, e que o tempo só é ouro si o sabemos aproveitar despacio.
As fotos foron tomadas este domingo pasado no pobo ribeirán de A Barca (no concello de Sober, a carón mesmo da confluencia dos ríos Sil e Cabe) onde perdura unha íntima harmonía entre os homes e a nai terra e onde, si a conxunción astral é propicia, aínda se poden pescar troitas máxicas.

21 comentarios:

ekis1331 dijo...

Xa che digo, polo que a min respecta, nótoio ata comendo, non teño vagar nin para iso. É unha loucura...

Fermosa paisaxe. Aquí en Castela é inimaxinable un entorno así.

Silvana dijo...

Primeiro, a min o que me sorprende é que aínda permiten ir a bastante velocidade, máis que nas cidades que o límite está en cincuenta. Jajjaja, aquí a sesenta é todo un luxo, ajajjaja.

Segundo, tal e como é o camiño a sinal será para os peatóns, e o que consiga andar a 60 por hora por ese sendeiro que levante a man. Jjajajaj.

Moi gracioso este post.

Mer dijo...

Vivimos así: sempre correndo dun lado a outro.
Temos metas e apresurámonos para cumprilas. Estamos chegando, xa está feito. Non o gozamos, xa estamos a pensar na seguinte meta.
Hai tempo que non desfrutamos da viaxe

Carlos Sousa dijo...

Como sempre moi bó o post, no nos queda máis remedio que andar a correr todo o día, si queremos chegar a algún lado, o malo e que non sei si así chegaremos a vellos, eles vivían máis relaxados.

Anónimo dijo...

Sí, que rachen todos os malditos reloxios, que cadaquén se guíe polo seu tempo.

Bicos (martafer)

Pau dijo...

A todos nos gustaría ir máis amodiño na vida, pero; ¿Quen é o guapo que se atreve a aminorar a marcha?

d´Agolada dijo...

Encántame a primeira foto, moi graciosa, a verdade é que por ese carreiro a sesenta, eu non me vexo. Tes un meme e un agasallo no meu blog, se che interesa, pásate por eles. Unha aperta.

Cuspedepita dijo...

Corremos non se sabe para que, e a vida corre tamén e sempre nos gaña a carreira.
Cando nos damos conta pasou como un lóstrego e nin soubemos cando, pero daquela é tarde para intentar recuperar o que perdemos por non nos pararnos a mirar arredor polo camiño.

Veca dijo...

A segunda foto é incrible, da primeira........non teño palabras para ela.....

paideleo dijo...

Canta verdade dis !.
As fotos preciosas.

vakastolas dijo...

Completamente de acordo co asunto temporal, pasamos máis tempo contando e descontando que vivindo.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Fermosos lugares, voulle contar a un que eu sei, ónde se poden pescar esas troitas máxicas que tanto lle gustan.
Direiche tamén que anque vivimos cunha velocidade incomprensibel, os do rural inda temos sorte e andamos algo máis a modo.
Apertas.

Lúa dijo...

que foto!!!!en fin boas de novo dende a lua!!!

nOa dijo...

pero chegou o progreso. que non só é comodidade.

Zeltia dijo...

O que daba eu por unha trucha desas! (son unha asasina)
Tiveches bo ollo ahí para a foto e moi ben enlazado o texto. A verdade e que canto mais cousas facemos e mais "enchemos" o tempo, mais pronto se vai... en cambio as horas mais pousadas, o anaco que saca un para parar, deterse, mirar... e coma concentrado.

HADEX dijo...

Pois é así....eu teño saudades de tempos pasados cando era pequena, na aldea, onde todos os días parecían domingo.....Hoxe ata os domingos ando con presas....
As fotos son fermosísimas....Esa zona é o paraíso terrenal en Galicia.
Bicos.

vermella dijo...

Este fermosísimo post podería usálo tanto a DGT como a consellería de Saúde,a modiño é un bo lema para a vida en xeral.
bicos.

Sun Iou Miou dijo...

Ben sabemos o que é iso os que vivimos na aldea. Parar a falar co coche no medio e medio do camiño, falar cos veciños, ollar e cheirar no horizonte a intuír como vai pintar o día... non hai présa niñunha nin falla que fai.

asbeirasdoarnego dijo...

Si raposo si, que razón tes, a xente anda louca polas estradas onde marca 40 a 100 e onde marca 100 a 140, o fin comod is ti somos esclavos do reloxo. Estou dacordo con todos moi bonitas fotos sobre todo o segundo paisaxe, onde é??

Malaquita dijo...

A min o reloxo faime maldicir varias veces no dia. Pero é certo, a ver quen se atreve a quitalo (e non vale seguir seguir mirando a hora no mobil, outro invento que atenta contra a liberdade individual)

Saudos!

L&M dijo...

que boa a foto...haverá que ir experimentar essas trutas.aqui na cidade som todas de mentira e sabem a pienso. saudos