viernes, 16 de mayo de 2008

NA DEFENSA DO NOSO IDIOMA


Manifesto “Na defensa do noso idioma”


As persoas asinantes da presente declaración, somos autoras e autores de blogues galegos, que suscribimos voluntaria e libremente esta iniciativa e que publicamente MANIFESTAMOS:
O noso completo e activo compromiso coa lingua galega, como principal alicerce da nosa identidade colectiva como pobo así como a nosa preocupación perante a situación que esta vive na actualidade.
Entendemos a Rede como unha canle con importantes potencialidades para a expansión en usos do noso idioma que deben ser aproveitadas, e avogamos porque o galego sexa tamén a lingua vehicular das/os galegas/os en Internet. Apoiamos tamén a reivindicación dun dominio propio en internet para Galiza.
Expresamos o noso total rexeitamento perante todo ataque contra o galego, independentemente de quen proveña, e particularmente no caso de entidades que declarándose defensoras dun presunto, mais falaz, bilingüísmo incorren en ser de facto unha manifestación do auto-odio.
Reclamamos o noso dereito a vivir con completa normalidade na lingua que é propia de Galiza, tendo garantido plenamente o noso dereito a empregala en todos os eidos da nosa vida.
Adherímonos colectivamente ao manifesto “
Polo dereito a vivirmos en galego” d’A Mesa pola Normalización Lingüística.
Chamamos á cidadanía galega, especialmente á mocidade, a participar na manifestación nacional en defensa do noso idioma, que baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” convoca A Mesa pola Normalización Lingüística, e que terá lugar o vindeiro domingo 18 de maio, na cidade de Compostela, e que partirá ás 12h da Alameda.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

En verdade é xusto e necesario.

Cuspedepita dijo...

Dentro das nosas posibilidades, estamos facendo algo polo galego cos nosos blogs. O que non quita, por suposto, que participemos nestas outras alternativas, anque para min o máis importante é o que se fai día a día.

Anónimo dijo...

cooooño! eu son defensora do bilingüismo, e non creo que profese ningún autoodio cara o galego!.
As chamadas coma esta parecenme moi ben, pero case sempre, será por como as redactan, que desprenden un tufillo de "nós aquí e vos alá", que non che me terminan de chistar!
E... bueno, eu fun de turismo rural en vez de a mani, enchupeime de lama, de chuvia, de sol, de cheiro a bosta, enchín os ollos de verde, retornei ó tempo en que o galego sí que era a miña verdadeira lingua, porque nin siquera coñecía o castelán, que a maestra pegábame coa regla nos dedos por fala-lo mal...
En fin... non sei por qué non me sinto incluída na chamada, pero non porque non me inclua eu, senon porque é coma se me miraran poriba do hombreiro só porque o meu blog non é en galego.
Eu falo para entenderme cos demais, para expresarme, coma fan todos. E síntome plenamente bilingüe: ás veces síntome pensando en galego, e outras o castelán éme mais axeitado para expresar o que quero... non sei porque me sinto coma si me tivera que xustificar...
e mira, agora mismo decátome de que estou a escribir en galego!

Raposo dijo...

Zeltia: Eu tamén son bilingüe. Non pasa nada por ter un blog en castelán, cada un escribe na lingua que lle peta.
Este chamamento está destinado a pór de manifesto que hai personas, asociacións, entidades, que tratan de reducir o galego a súa mínima expresión alegando que se discrimina o castelán. O cal é totalmente falso, non hai mais que dar unha volta por aí, pola cidade, polos medios de comunicación, pola rede, para ver
que é o castelán o idioma mais utilizado, o que ten mais pulo, e que o galego (se nós non o remediamos) dentro dunhas décadas tenderá a extinción.
E eu non quero que o galego se extingua porque é a fala nosa e cada vez que un idioma desaparece ( esto xa pasou moitas veces) o mundo é un pouco mais pobre.

Paz Zeltia dijo...

É verdade. hau pouco lin por ahí qeu había un idioma que só o sabía falar un velliño. unha persoa sin formación nin medios, reducto último dunha lingua cun pé na tumba.
Por contra, eu penso que o galego de momento ten saude, mais qeu xa tivo. ¿e sabeso que me fai pensar así? que as mociñas novas que veñen dos pobos áredonda da coruña mercar a roupa de última tempada en berska, falan galego -a berros, ainda que sexa- e xa non lle da vergonza a ninguén.
Non era eso o que eu vivín cando tiña a sua edade.
Sempre que as oio pégame gana de darlles bicos!