jueves, 5 de junio de 2008

LENDO A GARCÍA LORCA



Estes días volvín a ler unha antoloxía poética de García Lorca que, baixo o título de “Preciosa y el aire”, foi editada polo Instituto Cubano del Libro en 1976. Eu merqueina no 93 a un velliño que vendía libros de segunda man nunha das rúas da Habana. Fai un recorrido pola obra poética de Federico dende o seu primeiro “Libro de poemas” en 1921, ata os últimos como “Diván del Tamarit”, do 36.
Mentres relía a escolma decateime de que hoxe cúmprense 110 anos do seu nacemento. Federico naceu en Fuente Vaqueros, Granada, en 1898 e co paso do tempo será considerado como un dos máximos expoñentes da poesía española do século XX e un dos mais grandes dramaturgos.
É a súa unha poesía rica en metáforas (empregadas dunha forma moi persoal, atrevida e mesmo insólita) que soubo combinar perfectamente con elementos tradicionais como o folclore, a tradición andaluza e mora, a música popular, ou o universo xitano o que envolveu dun aura de romanticismo; poesía cargada de colorido e musicalidade que mestura elementos populares e vangardistas; poesía expresiva na que latexa un sentimento tráxico da vida.
Do seu paso por Norteamérica deixounos “Poeta en Nueva York” onde agroma con forza a denuncia social e o surrealismo. Versos de angustia e horror ante paisaxes desolados, unha crítica desgarrada da sociedade impersoal e mecanizada das grandes urbes, promotoras das inxustizas sociais.
Cento dez anos se cumpren hoxe do nacemento de García Lorca, o home que escribiu “En la bandera de la libertad bordé el amor mas grande de mi vida”; o home o que asasinaron as hordas franquistas en agosto do 36 por “rojo y maricón”, quizais tamén por ser poeta.


LA AURORA (de Poeta en Nueva York)
La aurora de Nueva York tiene
cuatro columnas de cieno
y un huracán de negras palomas
que chapotean las aguas podridas.

La aurora de Nueva York gime
por las inmensas escaleras
buscando entre las aristas
nardos de angustia dibujada.

La aurora llega y nadie la recibe en su boca
porque allí no hay mañana ni esperanza posible.
A veces las monedas en enjambres furiosos
taladran y devoran abandonados niños.

Los primeros que salen comprenden con sus huesos
que no habrá paraíso ni amores deshojados;
saben que van al cieno de números y leyes,
a los juegos sin arte, a sudores sin fruto.

La luz es sepultada por cadenas y ruídos
en impúdico reto de ciencia sin raíces.
Por los barrios hay gentes que vacilan insomnes
como recién salidas de un naufragio de sangre
.



GACELA DEL AMOR IMPREVISTO (de Diván del Tamarit)
Nadie comprendía el perfume
de la oscura magnolia de tu vientre.
Nadie sabía que martirizabas
un colibrí de amor entre los dientes.

Mil caballitos persas se dormían
en la plaza con luna de tu frente,
mientras que yo enlazaba cuatro noches
tu cintura, enemiga de la nieve.

Entre yeso y jazmines, tu mirada
era un pálido ramo de simientes.
Yo busqué, para darte, por mi pecho
las letras de marfil que dicen
siempre,

siempre, siempre
: jardín de mi agonía,
tu cuerpo fugitivo para siempre,
la sangre de tus venas en mi boca,
tu boca ya sin luz para mi muerte.

22 comentarios:

Mer dijo...

Gústame lorca... teño un libro de poemas de poetas españois na mesa do pc, de cando en vez bótolle unha ollada, precisamente hai poucos días que voltei ler a lorca e a machado, que son dos que máis me gustan.
Déixoche aquí "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta"
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

e un vínculo ás súas OBRAS COMPLETAS, aquí: http://www.tinet.org/~picl/libros/glorca/gl000000.htm

Un bico

Mararía dijo...

Acórdome que con 15 anos levaba sempre o Romancero Gitano enriba. Un saúdo.

Suso Lista dijo...

Xenial e único Lorca.

d´Agolada dijo...

Bonita poesía, a verdade é que Lorca ten unhas obras ben bonitas. Unha aperta

Raposo dijo...

Mer: mentres hoxe en día algúns elementos de aquí andan ninguneando o galego nos anos 30 un home do sur como Lorca escribiu "Seis poemas Galegos". E fíxoo con orgullo e ledicia. Que contraste!

Silvana: eu pensaba que con esa idade andarías lendo a Corín Tellado. E broma!!!!

Suso lista: Xenial e irrepetible.

D'golada: Certo, ten moi boas obras. Non só en poesía senon tamén en teatro. Achégate a elas e non te defraudarán.

Apertas a tod@s.

From Hell dijo...

Non coñezo un poeta mellor...
saúde

Raposo dijo...

From hell: Non sei si é o mellor pero dende logo está entre os mellores.

HADEX dijo...

Eu amo a Lorca...é unha desas personaxes históricas que me doe realmente que fora asasinado tan novo. Con ese feito privóusenos de un grande artista e un gran ser humano. Se vos gusta a poesía de Lorca non deixedes de ler o seu teatro. As súas personaxes son insuperables psicolóxicamente. É toda unha experiencia.
Bicos.

Cuspedepita dijo...

Non sei se estaredes de acordo, pero penso que en "Poeta de Nueva York", García Lorca anticipouse á esa tendencia un pouco (ou un moito)barroca que creo que ten agora mesmo a poesía.
Sen embargo non vexo esa tendencia nos "6 poemas galegos", nin en ningunha outra obra súa.
E estou de acordo con Hadex sobre o seu teatro.
Se vivira máis anos sería o máis grande entre os grandes.

Anónimo dijo...

Eu son moito dun Poeta en Nueva York porque, non sei se como di cuspedepita, se anticipa á súa época e fai unha poesía moi contemporánea.

Marinha de Allegue dijo...

A xenialidade de Lorca...

Apertas.
:)

LM dijo...

El lagarto está llorando.
La lagarta está llorando.
El lagarto y la lagarta
con delantalitos blancos.

Han perdido sin querer
su anillo de desposados.
¡Ay! su anillito de plomo,
¡ay! su anillito plomado

Un cielo grande y sin gente
monta en su globo a los pájaros.
El sol, capitán redondo,
lleva un chaleco de raso.

¡Miradlos qué viejos son!
¡Qué viejos son los lagartos!
¡Ay, cómo lloran y lloran!
¡Ay, ay, cómo están llorando!

lorca é fantástico para os peques. um dos primeiros libros que lhe presenteamos a laura de poesia foi o libro de poemas.

vermella dijo...

xenial homenaxe que lle fas ao poeta por excelencia,eu recordo cando de memoria un pedaciño de Mariana Pineda a quen lle din vida na escena nos meus tempos de "titiriteira":

Eu son a liberdade porque o amor quixóo!
Pedro! a liberdade pola que me deixache!!!
Eu son a liberdade ferida dos homes!
Amor,amor,amor e eternas soedades!

Oh,que día triste en Granada
que as pedras facía chorar.
ao ver que Marinita morre
no cadalso por non declarar!!!!

bicos.

Anónimo dijo...

Un dos grandes, sen dúbida, mestre da metáfora.
Raposo, falando de mestres, teño un recadiño para ti no meu blog. Non me falles, que teño moito interese en ver o que escrebes.

Unknown dijo...

hay que aproveitar os anoversarios pra releer os clasicos, porque como moi ben falabas no texto anterior, neste mundo de prisas e urxencias pra non chegar a ningures, as cousas conocidas quedan pra despois, ese despois que o peor nunca chega e pode un estar perdendose o mellor so por te-lo de lado

apertas raposo, disfruta do fin da primaveira nesa fermosa terriña que che rodea, alomenos no findesemá

São dijo...

Viva Lorca!
Obrigada por o trazeres até nós!
Fica bem.

Mario dijo...

La aurora de Nueva York tiene/ cuatro columnas de cieno... Unha desas metáforas que me quedaron na cabeza dende o primeiro día que a lin. Sinxelamente brillante.

Mer dijo...

Un dato, a tenor do teo comentario ao meu comentario, ninguneando a lingua. No ximnasio ao que vou, na recepción, hai un papel deses para recoller sinaturas a favor das causas defendidas por galiciabilingüe, eu vino fará unha semana, de momento só está coberto por dúas persoas.

Son Unha Xoaniña dijo...

Efectivamente, mentras uns andan a ningunear o Galego, ESCRITORES con maiusculas, esforzáronse en aprendelo e mesmo en escribir poemas en Galego
apertas.
Por certo que aquí tamén andan a coller firmas os de galiciabilingüe, en fin....

Lúa dijo...

sin lugar a dudas uno de lo smas grandes, me encanta.saludos

moucho branco dijo...

Non tanto por ser poeta... os xuntaletras que compuñan esas surrealistas odas a Jose Antonio gozaban de boa prensa no "movimiento", :P
Por certo, lín que o falanxista directamente responsábel do asasinato de García Lorca era o pai da actriz Emma Penella, unha das vellas de "Aqui no hay quien viva", que cousas...

Anónimo dijo...

¿E que me dis dos seus poemas galegos?
Debe ser un dos poucos grandes que escribiu na nosa lingua.
Eu adoro a sua CANCIÖN DE LA MARIPOSA.
Saúdos, Raposo e bon Verán xa.