jueves, 16 de octubre de 2008

SI EU FOSE RICO, MOI RICO


O amigo Carlos Sousa convídame a facer o meme do millonario excéntrico. Trátase de sinalar que cinco excentricidades (¿so cinco?) faría si tivese moreas e moreas de millóns de euros. Ben, alá vamos.
1- Construiría un globo aerostático para viaxar. Esta teima téñoa dende que lía os tebeos do Capitán Trueno. Este con axuda dun vello sabio fixo un e viaxou nel por todo o mundo na compaña de Goliath e Crispín. Case sempre tiñan problemas coa aterraxe pero eles ían tirando.
2- Recorrería de punta a punta a Gran Muralla China, e xa que teño o globo faríao dende o aire que é mais doado que recorrela a pé e un ten unha mellor perspectiva.
3- Na década dos 90 axudei a fundar un equipo de fútbol afeccionado, o
Deportivo Río Sil, que mal que ben aí segue na rexional lucense. Non o mercaría porque o equipo é de todos os que traballaron e traballan arreo para sacalo adiante, pero investiría nel os suficientes millóns para que tivese unhas instalacións caralludas e a plantilla deportiva suficiente para ir ascendendo de categoría ano tras ano ata xogar a liga de campións (os finolis chámanlle champions league, ou algo así).
4- Faría unha viaxe o espacio. Sei que me ía marear pero ten que ser a hostia ver a terra dende alá arriba.
5- Antes de que deixe de ser o inquilino de Casa Branca invitaría a Bush a unha festa para pegarlle unha patada (ou varias) nos collóns. Serían dadas cunha bota campeira con reforzo de aceiro na punta.
Sen dúbida esta última excentricidade sería coa que mais me divertiría. E como a ninguén lle amarga ser rico pásolle o encargo de seguir co xogo, por si lles presta, a
Busto.Agolada, Ekis 1331, Ninsesabe e Rifo. E a calquera outro que se sinta aludido. Total, hai cartos para todos.

24 comentarios:

Son Unha Xoaniña dijo...

Pois moi ben, eres un auténtico excéntrico, e como dixeches que había cartos para todos pois eu xa me apuntei e o fixen.
Bicos.

HADEX dijo...

Anda!!! Eu tamén puxen o da viaxe ó especio, je je je....

Cuspedepita dijo...

Estiven a punto de poñer tamén a viaxe ao espazo, parece que nos tira a todos ver a Terra desde lonxe :-)
A viaxe en globo tamén me gustaría.
Ahhhh, convídame á festa de Bush ;-)

Raposo dijo...

Rifo, Hadex, Cuspedepita, se vos parece podemos ir todos xuntos o espacio. O mellor ata nos fan rebaixa. Loxicamente o diñeiro non é algo que me preocupe pero si me interesa a boa compaña.
Quedades invitidas.

Raposo dijo...

Quixen dicir: quedades invitadas.
É que con tanto diñeiro xa non vexo ben o teclado.

Mer dijo...

carai, pois precisamente hoxe publiquei o meu meme e acabo de ver que coincidimos no da viaxe ao espacio, e os dous no punto 4

a ver se o sincronizamos e saudámonos dende a fiestra da nave espacial ao pasar

Mer dijo...

e o da muralla china paréceme moi boa idea

LM dijo...

aaaiiii...que vertigem... só de pensar que nom há um sítio onde por um pé...!!!!
eu quase prefiro dar-vos os cartos e que traiades uma fotos lindas...
beijos

Noa dijo...

a min o que máis me gustou foi a idea dun deportivo río sil na champiñons lig. xD

rui dijo...

Pois a min o que máis me gustou foi o da festa. Aínda que eu no canto das botas campeiras poría unhas botas de seguridade con punteira e sola de aceiro. O problema é que, quizáis, a patada sería dada no sitio onde deberan estar os collóns, sen acadar o obxectivo, por falta de obxectivo.

Raposo dijo...

Mer: Podemos quedar para tomar unha cervezas nalgun bar do espacio. Invito eu.
Im: Conte con esas fotos.
Noa: reservareiche un sitio no palco.
Rui: tes a miña autorización para que ti tamén lle deas unhas patadas; todas lle son poucas.

paideleo dijo...

Pois eu faría carreiras co meu helicóptero contra o teu globo e gañaría.

Carlos Sousa dijo...

Bo chollo raposo, vexo que hai moitos lunáticos que lle gostaría ir ó espacio, se vades avisarme.

Tampouco te esquezas de avisarme cando vexas ó Bush ese, eu tamén teño zapatóns con punta de aceiro.

Raposo dijo...

Paideleo: depende da forza do vento, compañeiro.
Carlos Sousa: estás invitado dende xa a dar unha volta polo espacio adiante; e o de Bush tamén, por suposto.

Mer dijo...

Tí mercas as Cíes, Carlos Sousa todo o polbo do mundo... ¿ pero isto que é? Hai que facer un acordo, sen polbo ne Cíes, a bandeira de Galiza que espetarei na lúa xa non significará o mesmo

São dijo...

Se eu fosse muito rica? Nem quero pensar em tal!! rrrsss
Feliz fim de semana.

BK dijo...

Caemos todos no meme, Paideleo fixo un bo traballo, jeje

El tejón dijo...

Acabo de encontrarme con tú blog y me ha agradado mucho pues encuentro en el bastantes coincidencias con el mio.

Yo a Bush le daría dos patadas,una en los cojones y otra en la boca cuando se encogiera.
Un saludo

Raposo dijo...

Mer: non te preocupes, a ti deíxote entrar nas Cies sempre que queiras e considérate como nas tuas illas.

Con diñeiro ou sen el feliz finde, Sao.

Veca: este Paideleo é un armadanzas de coidado!

El tejón: Gracias por visitar este blog y anoto lo de la patada en la boca (teniendo en cuenta las mentiras y burradas que ha dicho) como una muy buena opción.
Apertas a tod@s.

FraVernero dijo...

Si you fuera rico... lalalala lalalalala lalalala lalaláaaa...

Fáltache a célebre piscina de monedas de Tio Gilito, xa que metiche un debuxo da Disney, home...

Envía fotos do espazo, que as do Hubble saen algo borrosas... disque tamén se pode ver a muralla china dende aló...

Mararía dijo...

Gústame o da Muralla China, aínda o outro día estívenlle botando un vistazo a toda cor, e é verdaderamente impresionante.

(No de Bush tamén estou dacordo, jeje)

Ra dijo...

Lo de Bush... Ole!

Anónimo dijo...

Supoño que non se lle subirán os cartos á cabeza e que repartiría invitacións para esa festa. As botas son uns dos meus vicios, e teño varias para estrenar, gustaríame inauguralas na Casa branca...

Raposo dijo...

Enviarei fotos do espazo, Fravernero; e de muralla china, Silvana; e, por suposto, señorita Ra e doutora Seymour resérvolles unhas entradas para a festa de Bush.